Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Suspensión da presentación de “ Os nomes do terror” mañá martes 17 de outubro.

Como consecuencia da declaración polo Concello de Nigrán de tres días de loito oficial, quedan suspendidas tódalas actividades organizadas polo Concello, e polo tanto tamén a presentación de “Os nomes do terror” mañá martes 17 de outubro.

Está en:  Inicio Seccións
Skip to content
IEM - Instituto de Estudos Miñoranos
Suspensión da presentación de “ Os nomes do terror” mañá martes 17 de outubro. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - destacados
Escrito por IEM -Sec   
Luns, 16 Outubro 2017 22:23

8551473339712-bandera-de-galicia-con-lazo-negro

Como consecuencia da declaración polo Concello de Nigrán de tres días de loito oficial, quedan suspendidas tódalas actividades organizadas polo Concello, e polo tanto tamén a presentación de “Os nomes do terror” mañá martes 17 de outubro.

 
Presentación do libro " Os nomes do terror" PDF Imprimir Correo-e
O IEM - destacados
Escrito por IEM -Sec   
Xoves, 12 Outubro 2017 10:18

cartaz miorns

O vindeiro martes 17 de outubro ás 20:00h, organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns, o Auditorio municipal de Nigrán acollerá a presentación do libro "Os nomes do terror" sobre os represores e represión franquista no Val Miñor.

Falarán:

Xosé Lois Vilar. Historiador

Xoán Carlos Garrido. Coordinador do libro

Xosé Álvarez Castro. Co-autor do libro

Marga Romero Lorenzo. Conselleira de Sermos Galiza

 
 "NIGRÁN A TRAVÉS DA MEMORIA" PDF Imprimir Correo-e
O IEM - destacados
Escrito por IEM -Sec   
Domingo, 08 Outubro 2017 22:19

Martes 10 ás 20.00 horas. Auditorio Municipal de Nigrán

'Camilo, o último guerrilleiro de Galicia'. Proxección do documental

Venres 13 ás 20:00 horas. Auditorio Municipal de Nigrán

Inauguración da exposición 'Rexas' comisariada por Montse Fajardo

(aberta ata o 17 de novembro)

Sábado 14-Conmemoración da 'Volta dos 9'

10:45 Cemiterio de Sabarís

11:30 Curva da Bombardeira, Baredo

12:30 Xardín da memoria no Pavillón de Panxón

Martes 17 ás 20:00 horas. Auditorio Municipal de Nigrán
'Os nomes do terror'. Presentación do libro

Martes 24 ás 20:00 horas. Auditorio Municipal de Nigrán

'Matriarcas'.Proxección do documental

Venres 28 ás 12:00 horas. Cemiterio de Parada

Día da Recuperación da Memoria Lingüística de Galicia

 
PROGRAMA NIGRÁN A TRAVÉS DA MEMORIA PDF Imprimir Correo-e
Escrito por IEM -Sec   
Martes, 10 Outubro 2017 17:28

 

22308570_1475426849210693_7162762898062113102_n

 
Erosións de Rafa Vilar obtén o Premio de poesía VictorianoTaibo na súa Xª edición PDF Imprimir Correo-e
Escrito por IEM -Sec   
Luns, 18 Setembro 2017 22:48
2013112821420620036
O xurado do certame poético VictorianoTaibo que convoca o Concello de Gondomar en colaboración co Instituto de Estudos Miñoráns, resolveu que o gañador desta Xª edición era o libro Erosións que, unha vez aberta a plica, resultou ser da autoría do poeta Rafa Vilar.
O xurado valorou nesta obra a súa unidade dentro do dobre plano de lectura que se percibe no propio título do libro. Un libro que combina a paixón e a intimidade cunha exquisita sinxeleza e intensidade lírica, froito dun coidadoso traballo de construción poética en que desaparecen as concrecións de xénero para converter os poemas na expresión total do amor. Mais o amor non pode desprenderse da realidade e, mentres o eu poético constata a erosión do paso do tempo e as feridas da vida, convida a persoa amada a crear un horizonte “a salvo de naufraxios”, a través de cen poemas breves que empregan as palabras imprescindíbeis para construír imaxes intensamente poéticas.
O xurado do certame estivo composto por Iria Misa, Gonzalo Navaza, Xulián Maure, Marta Dacosta e Xosé Iglesias, gañador da pasada edición.
Rafa Vilar é un destacado poeta da denominada promoción dos 90. A súa primeira obra: Liques da memoria, recibiu no ano 92 o premio Fermín Bouza Brey para autores novos. Recibiu tamén, entre outros, o Premio Curuxa de Humor Literario, o Premio Cómaros Verdes do concello de Vilagarcía de Arousa, o Premio de poesía Concello de Carral, o Eusebio Lorenzo Baleirón, o Premio de poesía Cidade de Ourense ou o Premio Arume de poesía para nenos/as por Patente de corso que, xunto con Memoria de Ahab, Migracións, e Animalario estrafalario, son os seus últimos títulos publicados.
É licenciado en Filoloxía galego-portuguesa, escritor comprometido e moi activo socialmente, foi voceiro da plataforma Nunca Máis e parte da directiva da Asociación de Escritores en Lingua Galega, membro do Batallón Literario da Costa da Morte e un dos fundadores e impulsores da editora Letras de Cal.
A entrega do premio será o día 18 de novembro nun acto que decorrerá no Auditorio Lois Tobío de Gondomar.
Gondomar, 18 de setembro de 2017

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 245