Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

XV XEIRA ALÉN MIÑOR CERDEDO - MONTE SEIXO (5 de maio de 2018)

Percorreremos, guiados pola sensata palabra colmada de sentimento de Calros Solla, o Monte Do Seixo, mítico cimeiro da Terra de Montes, biqueira da Serra do Cando. Cos seus picoutos, encostas e bosques, con vistas maravillosas (cando o vento norte limpa de nubes o horizonte) á Ría de Pontevedra,os concellos veciños de A Lama, Beariz e Forcarei.

Unha serra parcialmente esnaquizada por un parque eólico no ano 2000, pero que todavía conserva unha forte pegada etnográfica, con moitísimas lendas e referencias prehistóricas, castrexas e de sabedoría tradicional. Esta montaña máxica que para os devanceiros era un medio de comunicación coas deidades celestes atesoura un abraiante patrimonio material, natural e inmaterial: túmulos, vereas, marcos, pedrafitas, milladoiros, foxos, neveiros, afloramentos graníticos de caprichosa feitura. A natureza exprésase nas mandas de garranos e de vacas que campan pola serra tendo conta das súas vidas cando o lobo llo permite. O vento mareiro deloura cornos e crinas nos piricotos orientados cara ó mar.

 

Está en:  Inicio Seccións
Skip to content
Presentación do segundo traballo de Zurrumalla " Camiño por ti" o venres 16 de xuño ás 20:30H. PDF Imprimir Correo-e

Escrito por IEM -Sec   
Domingo, 04 Xuño 2017 19:53
praia2_21
O Instituto de Estudos Miñoráns presentará o vindeiro venres 16 de xuño ás 20:30H o segundo traballo do grupo musical Zurrumalla " Camiño por ti". Composto por Patri González: Pandeireta, pandeira e voz, Carlos Sabaríz,"Pelouro": Bombo, Suso Comesaña: Gaitas, saxo soprano e voz, Juan Comesaña, "Viti": Tamboril, Nacho Álvarez: Acordeón e voz, Bieito Lobariñas: Gaitas, cunchas, pandeireta e voz. O acto terá lugar na sede do IEM (Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. Da Feira , 10 baixo. Gondomar) e será presentado por Xilberte Manso de la Torre.
"Zurrumalla naceu como grupo ala por febrero do ano 2000 cando un grupo de amigos decidimos dar pulo aos nosos anceios e ás nosas inquedanzas musicais. Desde o inicio, co esforzo e o tempo roubado aos nosos quefaceres cotiáns para os ensaios por acá e acolá, fonos quen de ilusionarnos e gozar coas notas que iamos arrincando á historia e tradición musical da terra. Arredor dela creamos un universo no que nos sentimos unidos, ledos e orgullosos. O noso desexo é compartir este gozo, esta ledicia e este orgullo amáis de que entre todos e todas, dignifiquemos a tradición. Por iso, durante estes anos da vida do grupo, e ao longo dos moitos concertos pola xeografía do país, procuramos ofrecer o mellor que como gaiteros podemos arrincar de nós".

Podedes acceder a máis info en: https://zurrumalla.wordpress.com