Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

O IEM e o Concello de Gondomar homenaxean a María Victoria Moreno.

O acto terá lugar na Paradela, na praza Latino Salgueiro de Gondomar, e comezará ás 19:30 horas

Este 17 de maio, Día das Letras Galegas, o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, e o concello de Gondomar, a través da concellaría de Cultura, celebrarán as Letras galegas cunha homenaxe á escritora María Victoria Moreno, a quen se lle dedica a data este ano.

Os escritores Iria Misa e Miguel Anxo Mouriño lerán fragmentos da obra desta profesora estremeña que namorou da lingua galega e dedicou a súa vida a escribir en galego, especialmente para os máis novos e novas. Ese lectorado tan presente para María Victoria Moreno estará representado neste acto por alumnado do CEIP Neira Vilas e IES plurilingüe Terra de Turonio, que lerán fragmentos de Eu conto, ti cantas.

Acompañando á palabra recitada estará o grupo musical Xardín desordenado que interpretará pezas do seu último traballo, "A vitoria da luz", baseado en textos de María Victoria Moreno e pechará o acto. Tamén, durante todo o acto a pintora Irene Silva realizará un mural en directo.

Palabra, música, pintura únense así para festexar a nosa lingua, esta que tanto amou María Victoria Moreno, quen non dubidou en utilizala no ensino ou en dar aulas de lingua alí onde for requirida en tempos da ditadura franquista. Os seus versos, os seus relatos en que os animais teñen un papel principal, o seu amor pola lingua son o legado que nos deixa unha estremeña que un día namorou deste noso país.

Está en:  Inicio Seccións
Skip to content
Faladoiros do IEM: Presenza das mulleres- "Da motricidade humana ao paradigma vida" Uxía Trigo Aza. Venres 17 de novembro ás 20:00h. PDF Imprimir Correo-e

Escrito por IEM -Sec   
Domingo, 12 Novembro 2017 22:31

O vindeiro venres 17 de novembro ás 20:00h, o Instituto de Estudos Miñoráns dará comezo a un ciclo de faladoiros que terá como fío condutor a presenza da muller na sociedade. O acto terá lugar na sede do IEM, na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda da Feira 10 baixo.

Eugenia Trigo Aza, escritora, doutora en Filosofía e Ciencias da Educación pola UNED (1989) e doutora en Educación Física pola UDC (1999). Galega de nacemento, viaxeira e cidadá do mundo participará con nós tratando o tema 'Da motricidade humana ao paradigma vida". Presenta Adela Mirás Calvo do IES Val Miñor de Nigrán.

“Con este faladoiro pretendo amosar o camiño da vida que me levou a esculcar en diversas áreas do coñecemento e vivir en distintos contextos socio-culturais, para instaurarme actualmente nunha investigación que nos permita progresar no ser corpóreo como cidadáns do mundo e do universo.

Un transcorrer que principiou nas aulas de educación física nos anos 70, proseguiu coa formación de mestres en diversas áreas e universidades europeas e latinoamericanas e derivou, na actualidade, en procesos de investigacións que me permiten ver e estar no mundo dende outras ópticas paradigmáticas.“