Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Ana Pontón no 1º faladoiro do ciclo "Galicia 2017-2020: presente e futuros". Problemáticas do territorio: Lei de Montes e Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais”. Venres día 16 de febreiro ás 20:30h.

O Instituto de Estudos Miñoráns convídaos a asistir o venres día 16 de febreiro ás 20:30h ao primeiro faladoiro do ciclo "Galicia 2017-2020: presente e futuros no que intervirá a voceira do grupo parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón.

O acto será presentado por Xulián Maure Rivas (Director do IEM) e moderará a xornada David Reinero (Xornalista).

O contido da xornada tratará sobre a situación de Galicia 2017-2020 respecto de problemáticas do territorio: Lei de Montes e Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais"

A xornada desenvolverase na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo, Gondomar.

Está en:  Inicio Seccións
Skip to content
Faladoiros do IEM: Presenza de mulleres-Adriana Nogueira Gassent, oceanógrafa, con “A bioloxía pesqueira e as biólogas do mar”. Mércores 22 de novembro ás 20:00h. PDF Imprimir Correo-e

Escrito por IEM -Sec   
Domingo, 19 Novembro 2017 18:30
adriana nogueira

O Instituto de Estudos Miñoráns ofrecerá o vindeiro mércores 22 de novembro ás 20:00h, o faladoiro "A bioloxía pesqueira e as biólogas do mar" que Adriana Nogueira Gassent, oceanógrafa, continuará dentro do ciclo Presenza das mulleres. Será presentada por Xosé Ramón García, membro da Xunta de Goberno do IEM.

 

O acto terá lugar na sede do IEM, na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda da Feira 10 baixo, Gondomar.