Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

De A a X. Unha historia de amor e resistencia. Venres 24 de novembro ás 20:30h.

O vindeiro venres 24 de novembro ás 20:30 , o IEM acollerá a obra De A a X. Unha peza de teatro contada en cartas de John Berger. Unha historia de amor e resistencia.
O acto terá lugar na sede do IEM, na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda da Feira 10 baixo, Gondomar.

Xela Marx e Fiona Battersby convidan a compartir a escritura deste poeta, humanista, activista que deixou este mundo no comezo do ano.

Nas súas palabras:

"Cada ser é de máis breve de todas as cousas. Todo o mundo é todo o mundo; e a única cousa que nos frea nese coñecemento, é este ego que é mortal "

De A para X é uma história escrita em forma de cartas. John Berger a escreveu depois de escutar hora tras hora histórias das pessoas na Palestina. A história, porém, poderia acontecer em qualquer lugar.
Aida escreve ao seu amado Xavier que está na prisão. É uma ode ao amor tanto quanto um grito contra a injustiça no mundo.
As palavras que foram infundidas com ternura e uma profunda consciência do estado humano, são chamadas a serem encarnadas.
John Berger escreve: " Uma história escrita é como uma linha reta, um caminho que vai em direção ao horizonte.
Quando as palavras entram no teatro, porém, se convertem em parte de um círculo. "

Está en:  Inicio Seccións
Skip to content
Cine e memoria PDF Imprimir Correo-e

Memoria histórica - Novas
Escrito por IEM   
Martes, 23 Febreiro 2010 12:18
O Instituto de Estudos Miñoranos organiza un pequeno ciclo sobre cine e memoria histórica na que se proxectarán os seguintes filmes e segundo o calendario indicado. Todas as sesións serán na *Aula de Cultura Ponte de Rosas* (Avda. da Feira 10, baixo, Gondomar) e darán comezo ás *20:30* h. *Martes 23 de febreiro: *

* *“Flores tristes” *de *Teo Manuel Abad.*

Sinopse.-

As últimas fosas comúns abertas en Europa non foron en Srebrenica ou Kosovo. Realizáronse en 2007, no extremo máis occidental do continente europeo, nunha das súas fisterras: Galicia. E foron as da guerra e posguerra máis antiga da idade moderna, a máis idealista e internacional das guerras europeas e preludio da segunda guerra mundial: a guerra de España. 70 anos fixeron falla para que se comezaran a abrir estas fosas.

A dictadura de Franco terminou fai máis dun cuarto de século, pero as súas sentencias de morte aínda non foron esquecidas. Máis de mil galegos, familiares das víctimas do franquismo queren desenterrar a verdade, sepultada en cunetas, montes e tapias de cemiterios dende fai máis de 70 anos: queren os restos dos seus irmáns, pais ou avós. E queren recuperar a súa memoria despois de tantos anos de silencio.

Flores Tristes traza unha analoxía entre as flores nacidas nestas fosas e cunetas de Galicia con estes descendentes vivos que por fin falan rompendo un longo silencio.

Contaremos coa presenza do seu director, o realizador de Tv. *Teo Manuel Abad* que será presentado polo profesor *Bruno Centelles*, membro da Xunta de Goberno do IEM.

Para máis información podedes consultar a páxina: http://www.florestristes.com/pelicula01.html

*Martes 2 de marzo:*

* *“Memorial de Camposancos” *de * José Ballesta de Diego
<http://www.axenciaaudiovisualgalega.org/public/index.php?seccion=oficinaproduccion/ficha_persona.php&id_persona=696>
e Miguel Anxo Fernández Yañez
<http://www.axenciaaudiovisualgalega.org/public/index.php?seccion=oficinaproduccion/ficha_persona.php&id_persona=697>*

* *

Sinopse

Na localidade galega da Guarda, fronte a Portugal, está Camposancos. E alí aínda pode verse, con impoñente silueta á beira do Miño, o vello edificio do colexio dos xesuítas; durante máis de cincuenta anos, (1875-1932), unha das institucións educativas, de carácter privado, máis importantes da península; con ilustre nómina de alumnos e mestres; e unha fulgurante traxectoria que, entre outras cosas, levouna a ser berce das actuais universidades de Deusto e Comillas.
Na memoria máis recente do noso país a palabra “Camposancos”, sen embargo, representa dor e traxedia xa que, durante a guerra civil, as autoridades franquistas instalaron no colexio o campo de concentración máis importante de Galicia, centro de todo o entramado concentracionario implantado no territorio.
É despois da caída do fronte norte, entre 1937 e 1938, cando o colexio, convertido á súa nova e sinistra función, recibe a cerca de tres mil presos republicanos, asturianos na súa maioría, pero tamén leoneses, casteláns, vascos ou cántabros (e na súa fase final, 1939, cataláns, manchegos, levantinos e andaluces); para a súa clasificación e, ao comezo, xuízo pois chega a desprazarse ao campo, con este cometido, o tribunal militar primeiro de Asturias.
Os máis afortunados, nas pantomimas pseudolegais que alí se formaron, foron cumprir condena nas cadeas de Figueirido (Pontevedra) e Celanova (Ourense) fundamentalmente. A moitos dos condenados a morte fusiláronos no verán de 1938, moi perto do campo, no lugar hoxe ocupado por un sinxelo memorial de honra levantado, hai agora cincuenta anos, pola iniciativa conxunta de galegos e asturianos. Outros, tal vez co obxecto de espallar o terror, leváronos a morrer a distintos lugares do sur de Galicia (Tui, San Simón-Redondela, Vigo, Ourense, etc…). Xamais saberemos con certeza cantos outros morreron sen xuízo vítimas dos paseos, dos intentos de fuga, das enfermidades, dos “accidentes”.

O documental quere reconstruír a historia do campo de Camposancos; render homenaxe aos seus presos, mediante o testemuño dalgúns que sobreviven e dos familiares dos que morreron; a través da memoria dos veciños e veciñas da Guarda que exemplarmente, e na medida das súas posibilidades, paliaron as terribles condicións de amoreamento, enfermidade ou maltrato que sufrían os seus compatriotas, leais ao goberno republicano, no interior daquel campo.

Contaremos coa presenza dun dos seus directores *Xosé Ballesta de Diego*, director do Museo de Castrelos de Vigo que será presentado polo profesor *Xilberte Manso*, membro da Xunta de Goberno do IEM

Para mais información podedes consultar a páxina:

http://www.memorialdecamposancos.com/

*Martes 9 de marzo*

* *Escadrons De La Mort: L'Ecole Française* dirixida por *Marie-
Monique Robin *(2003)*
*

Sinopse.-

Producido por Arte France e Canal + e exhibido por este último na televisión francesa, este documental dirixido por Marie-Monique Robin permite extraer algunhas conclusións importantes.

A primeira é que Escadrons De La Mort: L'Ecole Française diferénciase do documental con máis éxito do ano 2003, Fahrenheit 9/11, dirixido por Michael Moore. Mentres na película sobre a era Bush e a guerra de Iraq a ideoloxía é patente e a mensaxe transparente, sen intención de provocar unha reflexión no espectador, este filme sobre as relacións entre as últimas ditaduras latinoamericanas e o goberno francés desenvolve un estilo seco, cru, e no canto de tomar unha posición, consciente de que non o necesita, deixa esa tarefa a cargo do propio espectador.

A segunda é que Robin, mediante un conciso guión e unha hábil edición (froito do traballo de Françoise Boulegue), consegue incluír un denso compilado de información en menos dunha hora, que inclúe o asesoramento francés nas tácticas de represión e tortura durante a ditadura, o deseño do Plan Cóndor (que estableceu lamentables lazos entre os servizos secretos como a DINA e a SIDE, permitindo o aniquilamento de numerosos inimigos das ditaduras) e a similitude dos métodos usados nas guerras de Alxeria e Indochina, no cincuenta, cos establecidos nas ditaduras sudamericanas nos setenta.

Probas, diálogos insólitos cos xenocidas latinoamericanos e con “asesores” do resto do mundo que, crendo inxenuamente falar cunha historiadora de dereitas, descóbrense e expoñense en toda a súa magnitude, van deseñando un mapa do horror e da hipocrisía, deixando tamén en claro que no que se refire aos anos de chumbo aínda queda moita tea por cortar.

Chama a atención que moitos dos defectos de Escadrons De La Mort parten das súas principais virtudes. Por unha banda, a súa curta duración, adaptada aos requirimentos televisivos máis que aos cinematográficos (nótase claramente que quedaron moitísimas horas e materiais na mesa de edición), priva á película dunha análise máis completa. Por outra, o seu apego a unha estética elemental quítalle a innovación que achegaron outros documentais de forte contido político.

Unha das máis tremendas conclusións que achega Escadrons De La Mort é que, como sinalou o xornalista Horacio Verbitsky nun debate posterior á exhibición do filme (no que tamén estivo a directora Robin), a ditadura asasina de Videla, Massera e compañía serviuse de dous países para encarar a loita “antisubversiva”. En primeiro lugar, de Estados Unidos, que achegou o marco ideolóxico a nivel exterior, subliñado pola protección de Occidente fronte á “invasión comunista” procedente da Unión Soviética e China, con Cuba como referente latinoamericano, en plena Guerra Fría. En segundo lugar, de Francia, que a nivel interior brindou a capacitación e o adestramento para combater aos “subversivos”, posibilitando a páxina máis negra da historia latinoamericana contemporánea.

Escadrons De La Mort, é un filme duro, sen voltas, pero que conciencia ao espectador sen necesidade de declamacións nin estridencias. Bástalle coa convicción mostrada ao longo do relato.

O filme será presentado polo xornalista uruguaio e membro do Instituto de Estudos Miñoranos, *Alvaro Peralta Texera*.

Para máis información:

http://en.wikipedia.org/wiki/Marie-Monique_Robin