Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Seccións
Skip to content
"En Galego agora e sempre" PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Luns, 30 Abril 2012 19:58
enterrarse-en-galego


O vindeiro domingo 13 de maio ás 12 horas no cemiterio de Morgadáns, no barrio da Pedra-Gonda, terá lugar o acto da iniciativa "En Galego agora e sempre". O mesmo enmárcase nunha serie de actividades que se están a desenvolver cara ao fomento e defensa da lingua. Nomeadamente neste caso, a posibilidade que as persoas que así o manifesten podan asinar unha Declaración de vontade de vivir e ser lembrado como galego falante; e unha "Troca das lapides" á lingua galega. No acto -que conta co apoio do IEM- estarán presentes Urbano Esmerode Domínguez (Presidente da Entidade Menor de Morgadáns), Xosé Luía Méndez Ferrín (Presidente da Real Academia Galega), Xoaquín Monteagudo Romero (Presidente da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia) e Carlos Varela García (Fiscal Superior de Galicia).
Declaración de vontades: Mediante Acta de Presenza, aquela persoa que o desexe, declara perante amigos, parentes, coñecidos, autoridades, institucións públicas, etc, que quer "ser lembrado como viviu: en galego". E deste xeito transmitir ese patrimonio lingüístico e cultural.
Troca das lapides: Por este acto, dun xeito colectivo, as entidades e particulares convocantes e convidadas, asistirán á colocación dunha lapide no cemiterio de Morgadáns, na que se lembra aos devanceiros que conservaron o idioma galego, e chamando ao resto dos veciños a pór as súas lapides en galego.
Achegamos:
- Acta de Presenza para descargar. Preme aquí
- Invitación. Preme aquí