Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Suspensión da presentación de “ Os nomes do terror” mañá martes 17 de outubro.

Como consecuencia da declaración polo Concello de Nigrán de tres días de loito oficial, quedan suspendidas tódalas actividades organizadas polo Concello, e polo tanto tamén a presentación de “Os nomes do terror” mañá martes 17 de outubro.

Está en:  Inicio Seccións
Skip to content
O IEM e SOS Groba presentan un Recurso de Alzada, en defensa da Serra da Groba. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Luns, 30 Abril 2012 21:06
serra-da-groba

O IEM e SOS Groba, ven de presentar un recurso de alzada ante a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, contra RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se dá publicidade á declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental con data do 16 de decembro de 2011, relativa ao proxecto do Parque Eólico Albariño I, nos concellos de Baiona, Oia, Tomiño e Gondomar (Pontevedra), promovido por Eurovento, S.L.U .
Dito recurso está fornecido e baseado por un traballo de investigación levado adiante por un equipo cualificado de técnicos e especialistas en temas ambientas e xurídicos, preocupados polo futuro impacto da instalación eólica na Serra da Groba.
Achegamos para o seu coñecemento e difusión o texto íntegro da alegación: preme aquí para descargar.
Principais puntos do recurso de alzada.
-O texto da Declaración de Impacto Ambiental do Parque eólico Albariño I recolle unha falsedade ao dicir que "someteuse a información pública... o estudo de impacto ambiental das instalacións que comprende o referido parque eólico". Cando en realidade " o que se someteu a información pública, tal e como sinala o anuncio publicado no DOG de 1 de agosto de 2007, foi o "estudo ambiental"."
-Seguiuse un procedemento incorrecto: avaliación de efectos ambientais en vez da avaliación de impacto ambiental
- Existen estudos ambientais dentro do expediente administrativo que foron engadidos con posterioridade á exposición a información pública e que propiciaron a presente DIA.
- Existen estudos ambientais dentro do expediente administrativo que non se mostraron aos interesados.
- Existen estudos ambientais dentro do expediente administrativo que non foron sometidos a información pública, a pesares de que foron claves para a redacción da Declaración de Impacto Ambiental.
- Non se deu trámite de audiencia aos interesados.
- As alegacións presentadas non foron contestadas pola Administración.
- O Estudo de Afeccións ao Patrimonio Cultural, así como un estudo específico sobre afeccións a avifauna e quirópteros, deben figurar dentro do contido do estudo ambiental sometido a información pública, e non engadirse con posterioridade ao expediente (caso do Patrimonio cultural) nin moito menos pospolo á fase de construción do parque eólico (avifauna e morcegos).
- No que atinxe ao Patrimonio Cultural e á Paisaxe, a DIA non tivo en conta nin as alegacións nin o informe da Dirección Xeral de Patrimonio, a pesares de que o impacto previsible sobre a paisaxe e sobre o patrimonio cultural é moi grave.
- Non se tivo en conta que a protección do Patrimonio Cultural debe facerse tamén sobre o entorno de ditos bens culturais, aspecto que non foi recollido no procedemento de avaliación seguido.
- A Declaración de Impacto Ambiental non presenta ningunha medida contra incendios.
- Non se avaliou o grao de aceptación da poboación.
- Non foi valorada a afección ao turismo nin ás actividades económicas que se realizan no monte.
- Non foi avaliado ambientalmente o impacto sobre os cabalos salvaxes.
- Non se recolle un estudo de alternativas razoables.
- As alternativas deben avaliarse en función da súa eficiencia enerxética, aspecto que non foi tido en conta.
-Non se realizou unha avaliación conxunta dos diferentes parques eólicos proxectados sobre este territorio.
- Non existe un estudo de afección á Rede Natura 2000.
- A proximidade deste proxecto á Rede Natura 2000 obriga a avaliar as posibles afeccións ambientais á Rede ecolóxica. Esta avaliación debe incorporarse ao proceso de AIA.
- O inventario faunístico que se realizou incumpre as condicións dunha Avaliación de Impacto Ambiental.
- Non se avaliaron correctamente outros aspectos ambientais afectados.
- A DIA non contempla a xestión de residuos.