Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

IV Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia. Dende o 12 de xaneiro ata o 2 de febreiro.

 

A partir do vindeiro sábado 12 de xaneiro o Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar acollerá a IV Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia.
Organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns co apoio do Concello de Gondomar fomentarán e potenciarán a creatividade teatral e a representación neste mes de xaneiro que abre as portas a un ano de celebración dos 20 anos do IEM.
A programación constará dun total de oito pezas teatrais interpretadas por Vichelocrego, Tranghallada teatro, Bertorella, Pritis- Guomins, A Moura, Os cabalos rosas brincan no patín, O mellor de cada casa e Arredemo.
A entrada será gratuíta e para todos os públicos.

Programación

Sábado 12 de xaneiro- 19.30h
Jansel e Ponsel, representada por Tranghallada teatro de Nigrán.

Domingo 13 de xaneiro- 18.00h
Mamasiña que medo!, representada por Bertorella de Morgadáns.

Sábado 19 de xaneiro- 19.30h

Cóncavo-convexo, representada por Vichelocrego de Gondomar.

Domingo 20 de xaneiro- 18.00h

Rosa rosae, representada por Pritis- Guomins de Aula teatro Gondomar.

Sábado 26 de xaneiro- 19.30h
A revirada, representada por A Moura de Chaín.

Domingo 27 de xaneiro- 18.00h

Cousas da vida, representada por O mellor de cada casa de Viladesuso.

Sábado 2 de febreiro- 19.30h

O restaurante Farruco representada por Os cabalos rosas brincan no patín de Viladesuso.
Maruxas 3.0, representada por Arredemo de Gondomar.
Está en:  Inicio Seccións
Skip to content
XX Festival Folclórico Internacional e Semana Cultural en Peitieiros. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Venres, 16 Agosto 2013 20:20
cartel-XX-Festival

O vindeiro 24 de agosto, ás 19 horas, o Centro Cultural de Peitieiros, Gondomar, celebra o XX Festival Folclórico Internacional. Neste ano 2013 conmemórase tamén o 20 aniversario desta actividade que comezou realizarse na parroquia gondomarense no ano 1993, tendo como grupo anfitrión a Ecos e Agarimos, grupo de Gaitas e Baile do Centro Cultural.

Nesta edición se contará coa presenza do grupo anfitrión, Ecos e Agarimos, que como en todas as edicións será o responsábel de iniciar o Festival, cunha traxectoria de máis de vinte anos é a escola de música e baile tradicional da parroquia. Estarán tamén os grupos galegos: Pedras Miúdas de Lires, Cee, que recuperou as danzas tradicionais dos Arcos e das Patelas tal e como se bailaban hai uns cincuenta anos. A treboada Airiños Novos de Pinzás, da Escola de Música de Pinzás e coa que se quere manter viva este tipo de formación musical e os Terribles de Donas, Grupo de Música Tradicional Galego-Portuguesa con máis de 80 anos de traxectoria, pois foi a primeira murga formada no Val Miñor. Eles serán os encargados de pechar o festival.

Anunciase tamén a  participación do Rancho Folclórico da Amizade Telões-Amarante, que teñen entre os seus obxectivos o perfeccionamento e o ensino do seu folclore tradicional e as Trikitilaris de Euskal Herría Enara Yarza e Lorea Etxart que mostrarán a música tradicional das formacións integradas por unha trikitixa (acordeón diatónico) e un pandeiro, que se remontan a finais do XIX, nas romarías celebradas nas abas do monte Urkiola.

O Festival comezará  ás 12 da mañá con obradoiros diversos de baile e música abertos á participación de quen quixer achegarse.

Mais, ao tratarse dunha data sinalada e que pon de relevo o esforzo das diferentes persoas que ao longo destes vinte anos estiveron á fronte do Centro Cultural, a directiva actual quixo conmemorar a data celebrando tamén unha semana cultural que comezará o vindeiro domingo 18 de agosto. Desde a mostra das actividades que durante o curso se realizan no Centro Cultural, a través da actuación de Danzarinos, até a presentación dun vídeo dos vinte anos de Ecos e Agarimos, a semana cultural contará coa presenza de destacados nomes no panorama da música galega e da tradición oral: Xavier Blanco, mestre gaiteiro e técnico de cultura tradicional de Moaña, Santi Veloso de Ponte nas Ondas, Carlos Alonso da Asociación Cultural Oral, Xerado Santomé licenciado en Antropoloxía e músico popular que falará do seu libro Treboada Galega e Os Carunchos que presentarán o seu disco E ti que?.

Todos os actos, agás a actuación de Danzarinos, terán lugar no adro de Peitieiros e no seu centro cultural, ao lado da igrexa de vestixios románicos de San Miguel. A actuación de Danzarinos será no Auditorio Lois Tobío de Gondomar, ás 18:00 horas. Ademais terá lugar unha Mostra de Artesanía no Adro, durante o mesmo día 24.