Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Seccións
Skip to content
Audición musical do IEM na Ex Colexiata de Baiona coa dirección de Manuel López Benito. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Mércores, 21 Agosto 2013 20:31
colexiata-baiona
O vindeiro venres 23 de agosto ás 20:30 horas na Ex Colexiata de Baiona, o Instituto de Estudos Miñoranos en colaboración cos ESCENARIOS MUSICAIS dirixido por Manuel López-Benito organiza unha audición na que se pretende xuntar a divulgación da Música Clásica coa emoción de escoitala en espazos de relevo histórico.
ESCENARIOS MUSICAIS é unha iniciativa cultural enfocada á divulgación da Música Clásica facendo que esta soe e se explique fóra das grandes salas de concerto ou dos teatros da ópera. Á súa vez, pretende levar a música a escenarios onde, pola súa importancia histórica, artística ou simplemente lúdica, consigan que ao pracer de escoitala se una o deleite e a emoción que os devanditos espazos provocan.