Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 7 de xuño, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Seccións
Skip to content
O CEIP Chano Piñeiro visita a mostra Labirintos e participa dun obradoiro arqueolóxico no IEM. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Mércores, 23 Outubro 2013 02:48
chano-pinheiro-labiritnos
labirintos-manolo
obradoiro-arqueoloxico
pintado-mans
  • Anterior
  • 1 of 4
  • Seguinte

Este martes 22 de outubro a mostra Labirintos de Manolo Ledo foi visitada por medio centenar de alumnos do CEIP Chano Piñeiro de Gondomar, acompañados dos seu profesores. Os cativos tamén participaron dun obradoiro arqueolóxico ofrecido polo autor da mostra, así como dunha charla sobre arte rupestre co arqueólogo e subdirector do IEM, Xosé Lois Vilar.


Durante o obradoiro, participaron na práctica de tallado de pedras, a obtención de lume por varios métodos, así como o pintado de mans a través do pulverizado (método Venturi). A charla de arte rupestre versou sobre petróglifos en xeral e gravados de escenas de caza en particular.

 

Dim lights Embed Embed this video on your site

Previamente realizaron unha visita pola Aula de Cultura Ponte de Rosas onde están expostos os calcos e pinturas "Labirintos" que se está a exhibir no local ata o vindeiro 8 de novembro.

Dim lights Embed Embed this video on your site