Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Seccións
Skip to content
Intervención do grupo de cordas e voces “Son do Val” no espectáculo “A ROSALIA”. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Luns, 28 Outubro 2013 22:42
DSC04795_Custom

-Presentamos o vídeo da intervención do grupo de cordas e voces Son do Val cunha introdución poética das escritoras Marta Dacosta e Rexina Vega durante o espectáculo A ROSALIA.

O grupo de cordas e voces Son do Val está integrado por músicos afeccionados principalmente da nosa bisbarra,  cunha traxectoria de xa moitos anos. Neste momento participan del quince persoas cunha dirección colexiada.

Durante o encontro literariro-musical “A ROSALIA”, interpretaron as pezas Un repoludo gaiteiro e Adiós, ríos adiós, fontes en versións arranxadas polo propio grupo.

Dim lights Embed Embed this video on your site