Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Seccións
Skip to content
Intervención do Conservatorio de Música do Concello de Gondomar no espectáculo A ROSALIA. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Martes, 29 Outubro 2013 19:29
DSC04752_Custom

-Vídeo coa intervención do Conservatorio de Música do Concello de Gondomar cunha introdución poética das escritoras Marta Dacosta e Rexina Vega no espectáculo A ROSALIA.

O Conservatorio de Música do Concello de Gondomar está dirixido por Eneas Freire e integrado por  alumnos/as con idades comprendidas entre os 8 e os 15 anos, que comezan a súa andaina no eido musical. Trátase dun proxecto pedagóxico que propicia que os alumnos e alumnas poidan experimentar algún das facetas musicais propias, como son o poder formar parte dun conxunto, participar en concertos, etc...

Durante a actuación no espectáculo A ROSALIA, interpretaron as pezas Como chove miudiño e Falares de amor, cuxa música é autoría de Uxía Senlle.

Dim lights Embed Embed this video on your site