Kogito - Ska feito na Galiza no espectáculo A ROSALIA. Imprimir

O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Mércores, 30 Outubro 2013 20:02
kogito

-Vídeo da banda Kogito - Ska feito na Galiza no espectáculo A ROSALIA.  Intervención poética das escritoras Rexina Vega e Marta Dacosta.

Kogito – Ska feito na Galiza é unha banda que nace en 1999 en Vigo e que, como o seu nome indica, ten o seu centro de gravidade musical no ska e no rock visto e entendido dende Galiza.

Durante todos estes anos a banda mudou en compoñentes e estilo musical pero o espírito segue sendo o mesmo, compromiso e festa. Gañas de pasalo ben e comunicar sen esquecer a reivindicación e poñendo o acento no uso do galego como o noso máis importe sinal de identidade.

Dous Ep’s en 2005 e 2006 respectivamente abriron o camiño  cara ao seu 1º LP “Autómatas” de 2009 que plasmou anos de traballo e de actuación por todo o estado en centos de concertos e nalgúns dos festivais más importantes do circuíto.

Ska, Rock, Reggea, Cumbia  e demáis estilos feitos na Galiza compoñen esta mistura que significa  Kogito – Ska feito na Galiza. Durante o espectáculo A ROSALIA interpretaron os temas Vamos bebendo e Unha vez tiven un cravo, textos de Rosalía de Castro con arranxos do grupo.

Compoñentes:

-              Saúl Lorenzo – Batería

-              Mario López  – Baixo

-              Juan Martínez – Guitarra

-              Alex Belerdas – Trombón

-              Manu Otero – Trompeta

-              Carlos Méixome – Saxo Tenor

Discos gravados:

-              ... ergo sum (2005)

-              Tipo Feliz  (2006)

-              Autómatas (2009)

Dim lights Embed Embed this video on your site