Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Eduardo Méndez Quintas, arqueólogo e doutor en Evolución Humana no faladoiro " Pasado e presente no coñecemento das primeiras ocupacións humanas de Galicia", o venres 30 de xuño ás 20:30H.

O Instituto de Estudos Miñoráns organiza o vindeiro venres 30 de xuño ás 20:30H o faladoiro "Pasado e presente no coñecemento das primeiras ocupacións humanas de Galicia" por Eduardo Méndez Quintas, arqueólogo e doutor en Evolución Humana e membro do IEM, que se desenvolverá na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo, Gondomar.

PASADO E PRESENTE NO COÑECEMENTO DAS PRIMEIRAS OCUPACIÓNS HUMANAS DE GALICIA

O coñecemento sobre o “cando” e o “como” da orixe do poboamento humano do que hoxe coñecemos como Galicia sufriu un forte retraso na investigación con respecto a outros períodos da nosa Prehistoria. É máis as escasas nocións que se tiñan sobre este período esbozaban unha imaxe de atraso e de conservadorismo anacrónico, que sustentaban o a decimonónica idea do “atraso secular e Galicia”. Na actualidade as investigacións desenvoltas en diferentes puntos de Galicia, nomeadamente na bacía do rio Miño permite ter unha idea totalmente diferente desta época.Estes traballos permítennos falar do intre no que os primeiros grupos humanos establécense na rexión fai algo máis de 300.000 anos. As mostras das actividades destes primeiros galegos as podemos observar en xacementos tan representativos como as Gándaras de Budiño, O Cabrón ou Porto Maior. En Porto Maior temos as primeiras mostras seguras de presenza humana en Galicia, datadas en cerca de 300.000 anos. Tamén atopamos un escenario de ocupación, caracterizado por unha grande acumulación de útiles, a cal non atopa paralelo estrito en todo o continente europeo. Gándaras de Budiño e O Cabrón nos falan dos últimos grupos que empregan unha forma de traballar a pedra que chegou de África miles de anos antes. Os humanos que habitaban estes dous xacementos son dos últimos exemplos das xentes que usaban esta tecnoloxía e xa son
Está en:  Inicio Seccións
Skip to content
Félix Rodrigo Mora no faladoiro "A crise das megalópoles e o movemento da nova ruralidade" o venres 19 de maio ás 20:30h. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - destacados
Escrito por IEM -Sec   
Mércores, 10 Maio 2017 19:45
flix r

O vindeiro venres, 19 de maio ás 20:30h, terá lugar o faladoiro "A crise das megalópoles e o movemento da nova ruralidade" por Félix Rodrigo Mora e presentado por César Lema.
Organizado pola Rede Galega de Sementes ( Val Miñor) coa colaboración do IEM, que se desenvolverá na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo, Gondomar.

"Tras decenios dun crecemento patolóxico das grandes cidades agora asistimos á posta en evidencia da súa irracionalidade e disfuncionalidade. Se ata hai pouco eran a expresión mesmo do óptimo, fronte a unha ruralidade estigmatizada de mil maneiras, hoxe son consideradas pola maioría dos seus habitantes como un espazo cada día máis negativo para facer nel a vida. Moitos desexan abandonalas e unha minoría atrévese xa facelo. Todo iso constitúe un dos problemas máis palpitantes do noso tempo"

Félix Rodrigo Mora

Escritor, historiador, filósofo e político nado en Soria en 1951. Autodidacta e alleo ao mundo académico.

Estudoso crítico das formas de estado, os sistemas de goberno e investigador da sociedade rural popular e a natureza negativa do estado de benestar.

Autor de 23 libros relacionados coa historia, a política, a economía e a ética, entre eles: Pensar o 15M e outros textos, O xiro estatolátrico, Repudio experiencial do Estado de Benestar, Seis estudos sobre política, historia, tecnoloxía, universidade, ética e pedagoxía, Crise e utopía no século XXI. Natureza, ruralidade e civilización.