Faladoiros do IEM: «Presenza das mulleres» mércores 29 de novembro ás 20:00H Chis Oliveira¨Comando da igualdade, a mocidade implicada" Imprimir

Tertulias - Calendario
Escrito por IEM -Sec   
Sábado, 25 Novembro 2017 13:10
chis oliveira 3

O Instituto de Estudos Miñoráns ofrecerá o vindeiro mércores 29 de novembro ás 20:00H, o faladoiro ¨Comando da igualdade, a mocidade implicada" por Chis Oliveira, doutora en Filosofía, dentro do ciclo Presenza das mulleres.

Será presentada por Pilar Vázquez Fouce, diplomada universitaria en Enfermería e membro do IEM.
O acto terá lugar na sede do IEM, na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda da Feira 10 baixo, Gondomar.