Xoán Doldán fala no IEM sobre a Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia. Imprimir

Tertulias - Calendario
Escrito por IEM -Sec   
Domingo, 28 Xaneiro 2018 22:52
doldn

O Instituto de Estudos Miñoráns convídaos a asistir este venres día 2 de febreiro ás 20:30h ao primeiro faladoiro de anticipación do ciclo "Galicia 2017-2020: presente e futuros", no que intervirá o profesor titular de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela e presidente de Véspera de Nada, Xoán Doldán García .

O acto será presentado por Xulián Maure Rivas (Director do IEM).

O contido da xornada tratará sobre a aplicación da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, a súa afectación, consecuencias e alternativas no ámbito rural.

A xornada desenvolverase na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo, Gondomar.