Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Convocatoria Asemblea Xeral Socios/as. Luns 25 de marzo.

Por medio da presente, convócase aos socios/as á Asemblea Xeral de Socios/as da asociación Instituto de Estudos Miñoráns con CIF: G-36867471 que se celebrará no lugar, data e hora abaixo indicados, segundo a orde do día que se especifica.

TIPO DE REUNIÓN: ASEMBLEA XERAL

DATA DA REUNIÓN: Luns 25 de marzo de 2019

HORA DA SESIÓN, 1ª convocatoria: 19:30 HORAS

HORA DA SESIÓN, 2ª convocatoria: 20:00 HORAS

LUGAR: Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do IEM, Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar.

ORDE DO DÍA:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior, correspondente á Asemblea Xeral do 7 de febreiro de 2018.

2. Informe director.

3. Aprobación se procede das Contas anuais 2018 da asociación.

4. Informe actualizado do número de socios/as e altas no ano 2018.

5. Informe actualizado sobre as diferentes convocatorias de axudas solicitadas aos distintos organismos institucionais.

6. Presentación da Memoria de actividades 2018 da asociación.

7. Proxectos para o ano 2019.

8. Rogos e preguntas.

Informámoslles que están a súa disposición, no local do IEM, as actas nomeadas na orde do día para a súa aprobación e as contas do IEM.

Está en:  Inicio Seccións
Skip to content
Xoaquín Fernández Leiceaga, no cuarto e último faladoiro do ciclo "Galicia 2017-2020: presente e futuros” Problemáticas do territorio en relación coa Lei de Montes e a Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais. Venres 16 de marzo ás 20:30h. PDF Imprimir Correo-e

Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos
Escrito por IEM -Sec   
Venres, 09 Marzo 2018 20:31
fernndez leiceaga xoaqun

O Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) presenta o cuarto e último faladoiro do ciclo "Galicia 2017-2020: presente e futuros" este venres 16 de marzo ás 20:30 horas, no que intervirá Xoaquín Fernández Leiceaga, portavoz parlamentario do PSdeG.
Nel trataremos a situación de Galicia respecto de problemáticas do territorio en relación coa Lei de Montes e a Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais" xa desenvolvidas nos anteriores faladoiros.
A xornada desenvolverase na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo, Gondomar.