Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Laura Ramos Cuba gaña o XIº Premio de poesía VictorianoTaibo coa obra presentada baixo o título de A situación actual

O xurado do certame poético VictorianoTaibo que convoca o Concello de Gondomar en colaboración co Instituto de Estudos Miñoráns, integrado polos escritores e escritoras Iria Misa, Gonzalo Navaza, Miguel Anxo Mouriño, Marta Dacosta en nome do IEM e Rafa Vilar, gañador da Xª edición, resolveu que o libro gañador desta XIª edición era o presentado co título de A situación actual que, unha vez aberta a plica, resultou ser da autoría de Laura Ramos Cuba.

O xurado valorou que se trata dunha obra absolutamente contemporánea en que atopamos unha voz intimista moi forte. Unha voz dunha grande radicalidade, capaz de reflectir unha situación límite, unha crise emocional. Destaca a capacidade de poetizar o cotián con sinxeleza e fondura a un tempo. O xurado tamén salientou a unidade do libro, que mantén ao longo da lectura o pulso e o ritmo.

Laura Ramos Cuba, é unha moza burelá graduada en xornalismo e comunicación audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela. Este é o seu primeiro premio e, será, o seu primeiro libro publicado, co que o certame Victoriano Taibo ten a satisfacción de permitir que saia á luz esta voz actualísima que nos fala desde as súas propias coordenadas inseridas neste século XXI.

A entrega do premio será o día 17 de novembro nun acto que decorrerá no Auditorio Lois Tobío de Gondomar.

 

Está en:  Inicio Seccións
Skip to content
I CERTAME ESCOLAR DE CREACIÓN DRAMÁTICA PDF Imprimir Correo-e

O IEM - destacados
Escrito por IEM -Sec   
Xoves, 05 Abril 2018 21:18
1.1 dramatica

 

Reunidos os membros do xurado integrado por:

Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granja Paz, representando aos grupos da sección de teatro, Luis carballo Moure, membro do IEM, actuou como secretario, nos locais do Instituto de Estudos Miñoráns, acordaron por unanimidade a concesión do premio do I Certame escolar de creación dramática, promovido e xestionado polo Instituto de Estudos Miñoráns, ao Ceip Barrantes (Tomiño) pola obra: Oito apelidos galegos.

A obra está escrita polos alumnos/as de quinto de primaria con idades comprendidas entre os 10 e 11 anos.

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo alumnado.
Ademais, o xurado decidiu entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación e un libro.