Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

XVIII XEIRA ALÉN MIÑOR A CORUÑA E A MARIÑA CORUÑESA (24-25 de novembro)

As primitivas dimensións da Coruña ocupaban o que hoxe se coñece como Cidade Vella. Era A Coruña intramuros, e tanto o seu trazado como a súa arquitectura explican a historia desta cidade.A Cidade Vella fíxose á medida humana.Pedra, vidro e madeira mesturáronse para dar acubillo a fidalgos como a artesáns ou mariñeiros. A Porta Real foi a primeira entrada á primitiva cidade.

Moito que ver ou recoñecer nesta cidade vella, acompañados por un guía que é un dos referentes da cultura contemporánea do país, Felipe Senén.

A sede oficial da Real Academia (edificio dezaoitesco), noutro tempo propiedade de Pardo Bazán, moi preto da Colexiata de Santa María (principios do sc. XIV) que foi a igrexa dos gremios do mar e do comercio

Na contorna sitúase a Praza de Azcárraga. Está trazada sobre dous planos diferentes. No máis elevado enmárcase a antiga praza da Fariña, en cuxa bonita bóveda se acubilla a fonte do Desexo; no plano inferior está o palacio neoclásico da rexión militar noroeste, que data de 1740 e que acolleu a constitución da Xunta Suprema do Reino de Galicia en 1808, con motivo do alzamento coruñés contra as tropas napoleónicas.

O Convento de Santo Domingo levantouse a finais do século XIII, foi incendiado polos homes de Francis Drake a fins do XVII. A Igrexa data do século XVII e é de estilo barroco galego.

Moitos persoeiros, aventureiros, escritores, filósofos, científicos, ou persoas sen título como María Pita, que se enfrontou a Drake ou lideraron a resistencia ós franceses, viviron ou tiveron relación coa cidade. O Duque de Toscana, Cosme de Medicis, nunha das súas viaxes de coñecemento, o mariño Alejandro Malaspina, militares ou estadistas, como Porlier ou Melchor de Macanaz. Sir John Moore (repousa nos xardíns de San Carlos). Personaxes, espíritos da cidade ou simples cidadáns que inspiraron á Condesa de Pardo Bazán en "A Pedra Angular" ou a obra de Murguía e de Rosalía, os que xogaron co neno Pablo Picasso, que iluminaron o pensamento de Wenceslao Fernández Flórez ou de Salvador de Madariaga.

A cidade vella agocha máis recunchos queridos polos seus veciños, como o A Praza e O Convento das Bárbaras, próximos o Castelo de San Antón (hoxe Museo Arqueolóxico), antiga fortaleza do século XVI que se edificou sobre unha illa para protexer a entrada da ría dos ataques do pirata Drake. Ou o arquivo do Reino De Galicia (1775), que está encargado da recollida, custodia e posta a disposición do público da documentación de ámbito galego e provincial, xerada por diversos organismos de carácter xudicial ou administrativo con sede na provincia da Coruña.

 

Está en:  Inicio Seccións
Skip to content
O IEM acolle a presentación de As cinzas de Pasolini de Xosé Manuel Millán Otero. Venres día 15, ás 20:30 horas PDF Imprimir Correo-e

Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos
Escrito por IEM -Sec   
Domingo, 10 Xuño 2018 23:31
manuel milln otero

O venres día 15, ás 20:30 horas, na Aula de Cultura Ponte de Rosas de Gondomar, o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, presenta o libro de poesía..As cinzas de Pasolini de Xosé Manuel Millán Otero, publicado pola editorial Toxosoutos.

Na presentación, o autor estará acompañado polo poeta Xosé Daniel Costas Currás e a escritora Marta Dacosta, da Xunta Directiva do IEM.

Xosé Manuel Millán Otero publicou o seu primeiro libro de poesía en 1992,ÂEste é o tempo do sal, recoñecido co accésit do Premio Esquío de poesía. Tres anos antes obtivera o premio de poesía O Facho porRetrato de muller con navios ao fondo. En 1995, gaña o premio Eusebio Lorenzo Baleirón con..As palabras no espello. As cinzas de Pasolini é o seu terceiro libro de poesía, un dos títulos finalistas do último premio Victoriano Taibo.

Xosé Manuel Millán Otero destaca tamén como estudoso da nosa literatura, sendo unha das voces máis autorizadas sobre a obra de Bernardino Graña, de quen realizou a edición crítica de..Profecía do mar. En homenaxe a Bernardino Graña escribe e publica en 2010..Ode menor ao gran mascato Bernardino Graña cando se eleva sobre as terras do Morrazo.

Entre os anos 2003 e 2011 foi alcalde de Moaña. Durante ese período, como el mesmo di: “desatendín un chisco a Calíope e a punto estivo de abandonarme. Agora intentamos facer as paces.” As cinzas de Pasolini é o resultado deste regreso á poesía, un libro en que a crítica destaca a importancia da cinematografía, até o punto de asimilar os poemas a fotogramas que nos devolven a visión que o autor ten do mundo.