Conferencia: Existen evidencias do cambio climático? Dende o mércores 6 e ata o mércores 27 de febreiro |
A partir do mércores 6 e ata o mércores 27 de febreiro O IEM desenvolverá un ciclo de conferencias sobre o cambio climático que contará con expertos na materia como Castor Muñoz Sobrino, Ricardo Prego Reboredo, Xosé Antón Álvarez Salgado e José M. Sánchez.
Terán lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Gondomar)
Como podería afectar o cambio climático ós ecosistemas do NW ibérico.
Castor Muñoz Sobrino
Dpto. Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo
Facultade de Ciencias. Universidade de Vigo
Presenta Xosé Ramón García
Xunta de Goberno do IEM
É o Antropoceno a era do cambio climático?
Ricardo Prego Reboredo
Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC)
Presenta Juan Hermida
Profesor do IES A Sangriña. A Guarda
Algunhas evidencias do cambio climático no mar de Galicia
Xosé Antón Álvarez Salgado
Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC)
Presenta Olga Mijón
Profesora do IES Rosais 2. Vigo
As invasións biolóxicas e nós
José M. Sánchez
Dpto. Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo
Facultade de Ciencias. Universidade de Vigo
Presenta Marcos Lago
Profesor do IES Primeiro de Marzo. Baiona
|
Acto de entrega do XI Premio de Poesía Victoriano Taibo. inicio tamén da I Semana poética Victoriano Taibo. |
![]() |
![]() |
![]() |
O IEM - destacados | |||
Escrito por IEM -Sec | |||
Sábado, 10 Novembro 2018 01:48 | |||
O Auditorio Lois Tobío acolle o acto de entrega do XI Premio de Poesía Victoriano Taibo Desde este sábado, dá inicio tamén a I Semana poética Victoriano Taibo que enmarca a entrega do premio
Organizado polo Concello de Gondomar e o Instituto de Estudos Miñoráns.
E para achegarnos á data no ambiente poético propicio, o IEM inicia, este sábado día 10, a I Semana poética Victoriano Taibo, que encherá de versos a vila de Gondomar, unha festa poética que terá un fermoso ramo o día 17 coa entrega do premio desta décimo primeira edición a Laura Ramos Cuba. I Semana poética Victoriano Taibo: O sábado 10, ás 21:00 h. no Café Rañolas comeza esta celebración poética e será cun Slam poético, un recital aberto en que pode participar quen quixer co único requisito de que os textos que recite, dous, sexan de autoría propia e estean na nosa lingua. Cómpre tan só inscribirse previamente no correo electrónico do IEM ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ). Un xurado escollido entre o público asistente seleccionará ao gañador ou gañadora da noite. O luns día 12 a poesía tomará os balcóns e as fachadas de Gondomar, ondeando os seus versos en lonas que reproducirán, entre outros, poemas de autores premiados co Victoriano Taibo. Nesa semana repartiranse tamén entre 14 establecementos hosteleiros manteis ilustrados con poemas. E no medio da semana, nun lugar céntrico e frecuentado, podermos gozar dunha sorpresa poético-musical que non poderá ser máis anunciada para que, efectivamente, sexa unha sorpresa. E así chegaremos ao sábado 17, data de entrega do XI Premio Victoriano Taibo. A banda de gaitas Balcón do Miñor, de Morgadáns, amenizará o acto en que a autora recibirá o galardón da man do alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, e recitará algúns poemas da súa obra. No acto tamén intervirá o director do IEM, Xulián Maure. Á saída, no vestíbulo, estará agardando un albaroque de confraternización durante o cal a autora asinará libros para quen o desexe. O premio está dotado con 3000€ e unha peza escultórica da autoría de Fino Lorenzo.
|