Proxección do documental "A luz do negro" de Encarna Otero sobre o traballo na mina das mulleres de Fontao. Venres 29 ás 20:30H Imprimir

O IEM - destacados
Escrito por IEM -Sec   
Mércores, 20 Marzo 2019 21:13
aluzdonegro

O venres 29 de marzo ás 20:30H o IEM proxectará A luz do negro,un documental de Encarna Otero sobre o traballo na mina das mulleres de Fontao.Será presentado por Diego Casal Ramos, enxeñeiro de minas e membro do Comité de Patrimonio da Cámara Oficial Mineira de Galicia.Ao finalizar a proxección haberá un coloquio con Encarna Otero.

O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Gondomar.

 

A luz do negro. O wolframio da Brea e o poboado de Fontao

 

A LUZ DO NEGRO


(España, 2014)


Dirección e guión: Encarna Otero.

Realización: Beatriz Pérez e Manuel Gago.

Produción: Consello da Cultura Galega.

Fotografía: Teresa Navarro.

Duración: 33 minutos.

 

No ano 1939, a Brea era unha das grandes minas de volframio activas a nivel mundial. Axentes aliados e alemáns releaban pola compra do "ouro negro", do mineral estratéxico para o armamento da II Guerra Mundial. Isto xera unha febre mineira que ocupou miles de homes e mulleres na súa procura. A construción do poboado mineiro do Fontao na década dos cincuenta do século XX e o feito de que a actividade mineira da Brea, aínda que se vai reducindo paulatinamente, se prolongue ata a década dos sesenta fan deste territorio da Brea unha fonte rica de testemuñas, de mulleres que coa súa memoria nos achegan a realidade da vida na mina, a amosaren particularidades concretas e ben diferentes do que vivían moitas outras na Galiza dos escuros anos corenta, anos de represión, fame, miseria, anos de tanta dor. Con A luz do negro, perséguese que as testemuñas alumeen un mundo, o da minaría, onde as mulleres sempre fican agochadas.