Amoedo. "Lenda en Pedra" Imprimir

Xeiras - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 27 Agosto 2013 00:52
amoedo-mamoa

A fregresía de San Sadurniño de Amoedo (Pazos de Borbén), agocha un conxunto arqueolóxico integrado por 22 mámoas e próximo a 60 petróglifos, a maioría deles representativos da arte rupestre abstracta. O pasado venres 23 de agosto, o IEM xunto coa Comunidade de Montes de Amoedo organizou unha xeira divulgativa deste patrimonio co título "Amoedo. Lenda en Pedra", na que participaron 180 veciños da parroquia e contorna. A actividade enmarcouse nun proxecto de posta en valor patrimonial do monte que está a desenvolver esta veciñanza que entre outras iniciativas, prevé a estruturación dunha ruta arqueolóxica e etnográfica.
A xornada comezou na noitiña cunha charla do arqueólogo Xosé Lois Vilar sobre "Escenas de caza na arte rupestre galega e portuguesa" na Casa Cultural de Sadurniño de Amoedo. Deseguido os participantes visitaron os petróglifos situados no lugar coñecido como Outeiro de Pía, dúas estacións en Rogo Novo (Barrio do Monte de Masusán), e outra na zona de Veighiña Longa (próxima a Carballo de Martiz), onde tamén visitouse unha mámoa emprazada a dez metros dos gravados.
Os petróglifos de Laghoa Seca, un fermoso conxunto de círculos concéntricos e coviñas, foi a última estación visitada desta Xeira que ademais da guía de Xosé Lois Vilar (IEM), contou coa colaboración de Xilberte Manso de la Torre (IEM) e Xurxo Álvarez García, veciño de Amoedo e fornecedor do proxecto "Amoedo. Lenda en Pedra".
Dim lights Embed Embed this video on your site