Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Convocatoria Asemblea Xeral Socios/as. Luns 25 de marzo.

Por medio da presente, convócase aos socios/as á Asemblea Xeral de Socios/as da asociación Instituto de Estudos Miñoráns con CIF: G-36867471 que se celebrará no lugar, data e hora abaixo indicados, segundo a orde do día que se especifica.

TIPO DE REUNIÓN: ASEMBLEA XERAL

DATA DA REUNIÓN: Luns 25 de marzo de 2019

HORA DA SESIÓN, 1ª convocatoria: 19:30 HORAS

HORA DA SESIÓN, 2ª convocatoria: 20:00 HORAS

LUGAR: Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do IEM, Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar.

ORDE DO DÍA:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior, correspondente á Asemblea Xeral do 7 de febreiro de 2018.

2. Informe director.

3. Aprobación se procede das Contas anuais 2018 da asociación.

4. Informe actualizado do número de socios/as e altas no ano 2018.

5. Informe actualizado sobre as diferentes convocatorias de axudas solicitadas aos distintos organismos institucionais.

6. Presentación da Memoria de actividades 2018 da asociación.

7. Proxectos para o ano 2019.

8. Rogos e preguntas.

Informámoslles que están a súa disposición, no local do IEM, as actas nomeadas na orde do día para a súa aprobación e as contas do IEM.

Está en:  Inicio Seccións Biblioteca
Skip to content
WORK IN PROGRESS, exposición do ceramista Miguel Vázquez no IEM PDF Imprimir Correo-e

Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Escrito por IEM   
Luns, 26 Marzo 2012 23:00
invitacion_optimizado1

O próximo venres 30 de marzo ás 20:30h. na Aula de Cultura "Ponte de Rosas" (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar) terá lugar a inauguración da exposición do ceramista Miguel Vázquez "WORK IN PROGRESS". A exposición permanecerá aberta na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar), sede do Instituto de Estudos Miñoranos, ata o 16 de maioen horario de 19h. a 21h. de luns a venres.

Miguel Vázquez é profesor dende 1986 do Obradoiro de Cerámica da Escola de Artes e Oficios de Vigo e dende o 2000 membro da Academia Internacional de Cerámica con sede en Xenebra. Ten realizado exposicións individuais en Vigo, Ourense, Santiago, Madrid, no European Ceramics Work Centre 's-Hertogembosh (Holanda), Pontevedra, Barcelona, Xapón, Zaragoza. e participado en múltiples exposicións internacionais de carácter colectivo.
Foi bolseiro en La Bisbal (Girona), Faenza (Italia), European Ceramics Work Centre 's-Hertogembosch (Holanda), Fundación Pilar y Joan Miró, Palma de Mallorca. Recibiu diversos premios en mencións entre outras na Mostra Nacional de Cerámica (Santander), na III World Triennial Exhibition of Small Ceramics Zagreb; primeiro premio Nacional de Cerámica Actual, Ciudad de Talavera (Toledo), VI Bienal Internacional de Cerámica Artística Aveiro, 5º Festival International du Film sur L'Argile et Le Verre. Montpellier 2011 Finalista 1ª Mostra Internacional de Cine Cerámico MICICE, Castellón.
Ten obra en fondos de diversas institucións e museos entre outros a Fundación Josep Llorens Artigas. Gallifa (Barcelona), a Fundación Rodríguez Iglesias (A Coruña), Nakatomi, Museum of Contemporary Fine Craft, Fuji (Japón), Fundación CAI (Zaragoza), Academia Internacional de Cerámica. Ginebra (Suiza). FLICAM, Internacional Ceramic Art Museum, Fuping (China), Museo de Sevres, París (Francia).
Asiduo conferenciante e colaborador da Escola de Cerámica de Nigrán.

 

Para visitar a Web de Miguel Vázquez - Preme aquí

Para descargar o díptico da exposición - Preme aquí

 

Para descargar o cartel da exposición -  Preme aquí

Para descargar a invitación á inauguración - Preme aquí

Ao remate compartiremos un copo de viño e uns petiscos