Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.
Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Skip to content
Novas
SOS CABALOS SALVAXES GALEGOS PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Sábado, 14 Xullo 2018 13:13


NECESITAMOS A TÚA AXUDA

 

Os garranos, burras do monte, bestas ou cabalos salvaxes galegos necesitan da túa axuda para salvarse e, polo que se queres colaborar, podes aportar a cantidade que consideres nesta conta do Instituto de Estudos Miñoráns, que está a colaborar coa coordinadora de asociacións, nas que están, entre outras: Asociación Cabalar Monte Acibal de Amil, A Rapa das Bestas de Sabucedo, Asociación de Propietarios de Cabalos do Monte da Groba, Asociación Lobo, Instituto de Estudos Miñoráns e SOS Groba, entre outras.

Nuns dia temos que presentar en Estrasburgo un recurso para que se recoñeza a singularidade destes animais e se faga un regulamento específico que os protexa e regule, no que se contemplen tódolos valores naturais e culturais, e se ordene a súa presenza nos seus hábitats tradicionais, así como as festas das rapas e os curros.

Ler máis...
 
O IEM acolle a presentación da obra Entre guerra e pub de La sombra del oso. Mércores 4 de xullo ás 21:00h. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM -Sec   
Sábado, 23 Xuño 2018 23:59
captura de pantalla 2018-06-23 a las 23.57.17

O vindeiro mércores 4 de xullo, ás 21:00 h o IEM acollerá a presentación da obra de teatro Entre guerra e pub representada por La sombra del oso.

Terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, na Avda. da Feira, 10 baixo, Gondomar.

 
Mínima xustificación para un novo logo PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM -Sec   
Domingo, 01 Maio 2016 22:38

logo iem

Moitas cousas sucederon nestes quince anos de vida do IEM, unha comunidade cultural moi activa que se define no traballo desinteresado e o compromiso co lugar. Quince anos nos que desenvolveu con acerto todo tipo de prácticas ligadas á recuperación e posta en valor do patrimonio material e inmaterial do Val Miñor, ademais de dar entrada a novas xeracións de socios e membros colaboradores, acadar unha sede estable e ampliar as súas actividades á rede, amosando a dimensión universal dun labor inscrito no ámbito local.

Ler máis...
 
Proxección do documental “Seguindo os pasos do ouro negro” PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM -Sec   
Mércores, 02 Marzo 2016 20:04
O vindeiro xoves 10 de marzo, ás 20:30 horas terá lugar a proxección do documental "Seguindo os pasos do ouro negro" na Aula de Cultura Ponte de Rosas e contará coa intervención do autor Diego Casal Ramos, guía da derradeira Xeira Alén Miñor (Poboado de Fontao).

A mina de Fontao atópase no corazón de Galicia, concretamente no concello de Vila de Cruces, provincia de Pontevedra. Aínda que hai que esperar ata o século XIX para atopar as primeiras referencias formais en relación coa súa explotación, diversos indicios apuntan a un posible aproveitamento dos recursos da zona dende antigo.
A intensa actividade extractiva xerada á calor da alza das cotizacións dos principais metais extraidos nesta mina durante o século XX, propiciou que unha pequena aldea do interior de Galicia se convertese nun fervedoiro de xentes de diversa orixe e condición.
Presos, mineiros, estraperlistas e personaxes de todo tipo déronse cita en Fontao, configurandose unha especie de far west á galega.
O aproveitamento dos recursos desta mina foi posible grazas a un capital financeiro, humano e técnico sufiente, ata o punto de que nos períodos nos que os prezos dos metais baixaban, o negocio mineiro seguía sendo posible pola decidida aposta da empresa explotadora por unha modernización e mellora continua, mentres o resto de minas se veian abocadas ao peche.

Desde 1974 a actividade atópase paralizada, chegando ata os nosos días un conxunto de labores e instalacións mineiras nun aceptable estado de conservación, pero sobre todo déixannos unha historia coñecida, pero escasamente cuantificada: a explotación de estaño e volframio, a súa influencia na industria conserveira e nos distintos conflitos bélicos que azoutaron Europa durante o século pasado.

Un traballo realizado coa vocación de que se converta nunha achega á historia industrial e mineira de Galicia e que está dedicado aos seus verdadeiros protagonistas: os homes e mulleres que alí traballaron.

 
Presentación do libro 6 POEMAS 6 PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM -Sec   
Mércores, 17 Febreiro 2016 02:02

O Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, presenta en Gondomar o libro colectivo "6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca". Trátase dunha homenaxe aos 6 poemas galegos do poeta granadino, poemario que contribuíu a prestixiar a literatura galega do século 20 dada a importancia literaria do autor e a súa universalidade. Pero tamén é unha homenaxe a Ánxel Casal, o editor, con quen o poeta compartiu a aventura de dar a luz este libro e outra aventura incomprensible e tráxica: o seu asasinato en agosto do 1936, unidos para sempre por unha mesma data. E, non podía ser doutro xeito, este libro é tamén unha homenaxe ao editor.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 69