Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

O IEM e o Concello de Gondomar homenaxean a María Victoria Moreno.

O acto terá lugar na Paradela, na praza Latino Salgueiro de Gondomar, e comezará ás 19:30 horas

Este 17 de maio, Día das Letras Galegas, o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, e o concello de Gondomar, a través da concellaría de Cultura, celebrarán as Letras galegas cunha homenaxe á escritora María Victoria Moreno, a quen se lle dedica a data este ano.

Os escritores Iria Misa e Miguel Anxo Mouriño lerán fragmentos da obra desta profesora estremeña que namorou da lingua galega e dedicou a súa vida a escribir en galego, especialmente para os máis novos e novas. Ese lectorado tan presente para María Victoria Moreno estará representado neste acto por alumnado do CEIP Neira Vilas e IES plurilingüe Terra de Turonio, que lerán fragmentos de Eu conto, ti cantas.

Acompañando á palabra recitada estará o grupo musical Xardín desordenado que interpretará pezas do seu último traballo, "A vitoria da luz", baseado en textos de María Victoria Moreno e pechará o acto. Tamén, durante todo o acto a pintora Irene Silva realizará un mural en directo.

Palabra, música, pintura únense así para festexar a nosa lingua, esta que tanto amou María Victoria Moreno, quen non dubidou en utilizala no ensino ou en dar aulas de lingua alí onde for requirida en tempos da ditadura franquista. Os seus versos, os seus relatos en que os animais teñen un papel principal, o seu amor pola lingua son o legado que nos deixa unha estremeña que un día namorou deste noso país.

Está en:  Inicio Seccións Filoloxía e literatura Novas O IEM presenta, con motivo destas festas, unha edición limitada de 50 carpetas de obra gráfica
Skip to content
O IEM presenta, con motivo destas festas, unha edición limitada de 50 carpetas de obra gráfica PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Venres, 17 Decembro 2010 02:04
todos
Download this file (para web 2.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Cada carpeta contén cinco serigrafías orixinais, de 68x50 cm., unha de cada un dos artistas: Fernando Casás, Armando Guerra, Fino Lorenzo, Carlos Barros e Lula Goce, estampadas no Taller Villalobos de Serigrafía Artística, sobre  cartolina Fabriano Academia de 350gr.

 

A edición inclúe de cada artista, unha tirada de 50 exemplares, asinados e numerados en arábigos, nove probas de artistas numeradas en romanos e unha proba de taller.

Esta edición, resultado da colaboración desinteresada e xenerosa destes cinco artistas, ten como obxectivo recadar fondos para financiar proxectos futuros de todas as sección que compoñen o Instituto de Estudos Miñoranos. Cada carpeta ofrecese a un prezo de 800 euros.


Attachments:
Serigrafías[ ]331 Kb