Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 7 de xuño, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Skip to content
Xeiras 2010 PDF Imprimir Correo-e

Xeiras - Calendario
Xoves, 08 Xullo 2010 22:58
as_xeiras_4_copia
Download this file (059_Diminutos 2010 post 2.doc)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Pica aquí e visita o blog cos programas e crónicas das Xeiras  2010.

Como xa é tradicional o Instituto de Estudos Miñoranos organiza todos os veráns este ano, no que celebramos o noso décimo aniversario, por noveno ano consecutivo- unha serie de visitas-guiadas ou Xeiras a distintos lugares de especial interese histórico, artístico, natural e paisaxístico do Val de Miñor.
Trátase de pequenos percorridos a realizar polas tardes ou ao anoitecer dirixidos por especialistas no tema da visita.

Este verán preparamos xeiras con dúas diferentes tipoloxías. Ofrecemos, xunto as máis clásicas Xeiras de rutas de senderismo por diferentes lugares do noso contorno, saídas ao anoitecer coa intención de estudar no seu mellor momento unha óptima observación da variada tipoloxía de petróglifos que aparecen no noso contorno.

Outra das saídas atende de maneira interdisciplinar á existencia na serra da Groba de vellos Foxos de lobos, de uso tradicional durante séculos. Relacionaremos esta saída (o 11 de agosto) coa observación do firmamento.
O programa está pechado (ver documento que se adxunta) e conta coa colaboración de diversas institucións.

Attachments:
Programa das Xeiras do IEM 2010[ ]1144 Kb