Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Laura Ramos Cuba gaña o XIº Premio de poesía VictorianoTaibo coa obra presentada baixo o título de A situación actual

O xurado do certame poético VictorianoTaibo que convoca o Concello de Gondomar en colaboración co Instituto de Estudos Miñoráns, integrado polos escritores e escritoras Iria Misa, Gonzalo Navaza, Miguel Anxo Mouriño, Marta Dacosta en nome do IEM e Rafa Vilar, gañador da Xª edición, resolveu que o libro gañador desta XIª edición era o presentado co título de A situación actual que, unha vez aberta a plica, resultou ser da autoría de Laura Ramos Cuba.

O xurado valorou que se trata dunha obra absolutamente contemporánea en que atopamos unha voz intimista moi forte. Unha voz dunha grande radicalidade, capaz de reflectir unha situación límite, unha crise emocional. Destaca a capacidade de poetizar o cotián con sinxeleza e fondura a un tempo. O xurado tamén salientou a unidade do libro, que mantén ao longo da lectura o pulso e o ritmo.

Laura Ramos Cuba, é unha moza burelá graduada en xornalismo e comunicación audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela. Este é o seu primeiro premio e, será, o seu primeiro libro publicado, co que o certame Victoriano Taibo ten a satisfacción de permitir que saia á luz esta voz actualísima que nos fala desde as súas propias coordenadas inseridas neste século XXI.

A entrega do premio será o día 17 de novembro nun acto que decorrerá no Auditorio Lois Tobío de Gondomar.

 

Está en:  Inicio Seccións Premio Victoriano Taibo Xeira do IEM pola Fraga de Oliveira.
Skip to content
Xeira do IEM pola Fraga de Oliveira. PDF Imprimir Correo-e

Xeiras - Calendario
Escrito por IEM   
Luns, 25 Agosto 2014 22:30
DSCF8617

O vindeiro mércores 27 de agosto terá lugar unha das clásicas Xeira do IEM: pola Fraga de Oliveira. O punto de encontro será ás 17:30 horas na Praza de Abastos de Sabarís. Trátase dun percorrido cunha guía multidisciplinar a cargo de Xilberte Manso, Anxo Rodríguez Lemos e Xosé Ramón García. A ruta ten unha dificultade medio-alta sendo necesario levar pantalóns largos e calzado para cambiar pois algúns dos tramos implica atravesar regatos, que aínda que ten un caudal pequeno, o calzado vai mollarse. A actividade non require inscrición previa.
Aproximación á Xeira
O bosque de ribeira ou ameneiral que visitaremos pode aparecer coma un contorno virxe ou ben conservado de antigo. De feito, sabemos pola historia recente que non é así, e que a súa actual situación débese máis ben á perda de integración nos modos de vida tradicionais. Non hai nada que estes camiños eran percorridos no seu momento por burros e mulas que portaban o gran destinado aos moitos muíños que funcionaban, coas súas correspondentes canles, ou a fariña na que o gran se convertía.
Isto lévamos a que poidamos atopar non só as especies vexetais máis habituais nos bosques de ribeira típicos -ás que de seguido nos imos referir-, senón tamén con outras que proceden de antigos ou novos cultivos ou de comunidades vexetais próximas, como acontece cos eucaliptos (Eucalyptus globulus) ou cos carballos (Quercus robur) e castiñeiros (Castanea sativa)
Descargar folleto informativo da Xeira.