Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Laura Ramos Cuba gaña o XIº Premio de poesía VictorianoTaibo coa obra presentada baixo o título de A situación actual

O xurado do certame poético VictorianoTaibo que convoca o Concello de Gondomar en colaboración co Instituto de Estudos Miñoráns, integrado polos escritores e escritoras Iria Misa, Gonzalo Navaza, Miguel Anxo Mouriño, Marta Dacosta en nome do IEM e Rafa Vilar, gañador da Xª edición, resolveu que o libro gañador desta XIª edición era o presentado co título de A situación actual que, unha vez aberta a plica, resultou ser da autoría de Laura Ramos Cuba.

O xurado valorou que se trata dunha obra absolutamente contemporánea en que atopamos unha voz intimista moi forte. Unha voz dunha grande radicalidade, capaz de reflectir unha situación límite, unha crise emocional. Destaca a capacidade de poetizar o cotián con sinxeleza e fondura a un tempo. O xurado tamén salientou a unidade do libro, que mantén ao longo da lectura o pulso e o ritmo.

Laura Ramos Cuba, é unha moza burelá graduada en xornalismo e comunicación audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela. Este é o seu primeiro premio e, será, o seu primeiro libro publicado, co que o certame Victoriano Taibo ten a satisfacción de permitir que saia á luz esta voz actualísima que nos fala desde as súas propias coordenadas inseridas neste século XXI.

A entrega do premio será o día 17 de novembro nun acto que decorrerá no Auditorio Lois Tobío de Gondomar.

 

Está en:  Inicio Seccións Premio Victoriano Taibo 25-08-2010: Xeira por Saiáns
Skip to content

Relacionados

25-08-2010: Xeira por Saiáns PDF Imprimir Correo-e

Xeiras - Información
Martes, 24 Agosto 2010 22:31
as-xeiras-do-IEM
Download this file (Folleto Xeira 8 de 2010 maqueta 3.doc)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Nova Xeira do Instituto de Estudos Miñoranos
Rematan con esta as Xeiras 2010 que organiza o IEM. A oitava rota deste verán lévanos ás terras enriba de Saians
Por Saiáns
• Mércores, 25 de agosto de 2010
• Hora: 22,00
• Saída do Centro Cultural de Priegue (baixo gasolineira), Nigrán
• Guías: Xosé Lois Vilar, Eduardo Méndez

Descarga a folla informativa

Attachments:
Folla informativa[ ]2640 Kb