Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Laura Ramos Cuba gaña o XIº Premio de poesía VictorianoTaibo coa obra presentada baixo o título de A situación actual

O xurado do certame poético VictorianoTaibo que convoca o Concello de Gondomar en colaboración co Instituto de Estudos Miñoráns, integrado polos escritores e escritoras Iria Misa, Gonzalo Navaza, Miguel Anxo Mouriño, Marta Dacosta en nome do IEM e Rafa Vilar, gañador da Xª edición, resolveu que o libro gañador desta XIª edición era o presentado co título de A situación actual que, unha vez aberta a plica, resultou ser da autoría de Laura Ramos Cuba.

O xurado valorou que se trata dunha obra absolutamente contemporánea en que atopamos unha voz intimista moi forte. Unha voz dunha grande radicalidade, capaz de reflectir unha situación límite, unha crise emocional. Destaca a capacidade de poetizar o cotián con sinxeleza e fondura a un tempo. O xurado tamén salientou a unidade do libro, que mantén ao longo da lectura o pulso e o ritmo.

Laura Ramos Cuba, é unha moza burelá graduada en xornalismo e comunicación audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela. Este é o seu primeiro premio e, será, o seu primeiro libro publicado, co que o certame Victoriano Taibo ten a satisfacción de permitir que saia á luz esta voz actualísima que nos fala desde as súas propias coordenadas inseridas neste século XXI.

A entrega do premio será o día 17 de novembro nun acto que decorrerá no Auditorio Lois Tobío de Gondomar.

 

Está en:  Inicio Seccións Premio Victoriano Taibo Acto de entrega da 9ª edición do Premio de Poesía Victoriano Taibo
Skip to content
Acto de entrega da 9ª edición do Premio de Poesía Victoriano Taibo PDF Imprimir Correo-e

Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por IEM -Sec   
Xoves, 15 Decembro 2016 23:37
captura de pantalla 2016-12-15 a las 23.46.07

VIDEO DO ACTO

https://app.box.com/s/mk4dnkrtsyxjzv3nsaiej6ff7getgq3x

INTERVENCIÓN DE ALONSO MONTERO

https://app.box.com/s/5hvi76bt20r9st8tssko07lkf6rxvzta

FOTOS EVENTO

https://app.box.com/s/amtsgbyetq50lzq0sxgm1rbrxa400z6e

ENLACE PERIÓDICO DIXITAL

http://grupoescomunicaciongalicia.com/?p=49372

O pasado sábado 10 de decembro o auditorio municipal Lois Tobío de Gondomar acolleu o acto de entrega da 9ª edición do Premio de Poesía Victoriano Taibo cunha audiencia ben numerosa que se deixou engaiolar pola maxia irresistible dun escenario repleto de calidade literaria, calidade oratoria, calidade dramática e exquisita sensibilidade. A clave do éxito que, sen dúbida, acompañou o desenvolvemento deste evento estivo, sobre todo, na afortunada conxunción de catro extraordinarios representantes do mundo cultural: Marta Dacosta, directora do acto, que foi introducindo todos os intervenientes coa axilidade e dinamismo que a

caracteriza ao tempo que proporcionaba a información necesaria, breve pero oportuna, sobre o que o público precisaba saber para apreciar non só a aparencia senón tamén a substancia do que alí estaba sucedendo, todo adornado con pinceladas poéticas e eruditas que lle engadían atractivo ao seu ben facer; Xosé Lois Vilar, comentarista do libro gañador, que nos deleitou cunha maxistral descrición dun número incrible de elementos que conforman o noso mar e a relación que con el ten o mariñeiro, para introducirnos na degustación dos valores, mariñeiros e poéticos, que adornan A relixión do mar, o libro que mereceu o galardón deste ano, que cualificou de “mito fundacional da nosa literatura”, todo cunha linguaxe expresiva, forte, contundente e chea de imaxes mariñeiras e telúricas; Xosé Iglesias Lamela, poeta galardoado, que nos deu a coñecer algunhas claves do poemario, este berro, en palabras súas, silenciado entre as tapas que emerxe forte, sonoro e firme cando se abre para denunciar que nos están a roubar o mar dos nosos avós, que nos fixo unha entrañable profesión de fe mariñeira, pois, así como outros precisan ir a misa ou orientarse cara á Meca para rezar, el necesita ver o mar, sentilo, respiralo, amarrarse sobre o seu lombo líquido, que nos fixo transitar por artes do xeito, cardumes, sardiñas e xardas, ardoras, noctilucas, vagalumes mariños, rosas dos ventos, cuadrantes, partes meteorolóxicos ... e nos engaiolou cun sentido e breve recital para acabar emocionándonos co recordo da súa sobriña Nerea, moi prematuramente morta, a quen lle dedica o libro, antes de despedirse facendo soar unha buguina do mar de María Antonia; e Xesús Alonso Montero, que puxo o punto e final con palabras gabanciosas para o IEM, o Concello e todos os intervenientes no acto, gabanzas que intensificou cando se referiu ao poemario e ao seu autor que fixeron del un novo e fervoroso crente da relixión do mar, libro insólito no panorama da poesía de hoxe pola súa forza e orixinalidade que vai marcar un antes e un despois, como xa sucedera con Manuel Antonio, e que motivou, ademais, a presentación maxistral de Xosé Lois Vilar “o máis grande orador de Galicia dende Prisciliano a hoxe en galego mariñeiro”.

 

 

 

Outros elementos importantes para o feliz transcurso do acto foron a Banda de Gaitas Balcón do Val Miñor, de Morgadáns, que abriu e pechou o espectáculo, e os alumnos de 6º curso de primaria do CEP Neira Vilas, de Peitieiros, que escenificaron magnificamente dous contos do manuscrito de Victoriano Taibo Contos pequenos, cuxa recente edición polo IEM se recordaba hoxe.

Entre o numeroso público asistente había algúns xornalistas que deron noticia do evento; un deles, Roberto Ledo, director do Grupo ES Comunicación, publicou unha importante e completa reportaxe con imaxes e vídeos que son os que reproducimos nestas páxinas e polas que lle quedamos moi obrigados.