Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Eduardo Méndez Quintas, arqueólogo e doutor en Evolución Humana no faladoiro " Pasado e presente no coñecemento das primeiras ocupacións humanas de Galicia", o venres 30 de xuño ás 20:30H.

O Instituto de Estudos Miñoráns organiza o vindeiro venres 30 de xuño ás 20:30H o faladoiro "Pasado e presente no coñecemento das primeiras ocupacións humanas de Galicia" por Eduardo Méndez Quintas, arqueólogo e doutor en Evolución Humana e membro do IEM, que se desenvolverá na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo, Gondomar.

PASADO E PRESENTE NO COÑECEMENTO DAS PRIMEIRAS OCUPACIÓNS HUMANAS DE GALICIA

O coñecemento sobre o “cando” e o “como” da orixe do poboamento humano do que hoxe coñecemos como Galicia sufriu un forte retraso na investigación con respecto a outros períodos da nosa Prehistoria. É máis as escasas nocións que se tiñan sobre este período esbozaban unha imaxe de atraso e de conservadorismo anacrónico, que sustentaban o a decimonónica idea do “atraso secular e Galicia”. Na actualidade as investigacións desenvoltas en diferentes puntos de Galicia, nomeadamente na bacía do rio Miño permite ter unha idea totalmente diferente desta época.Estes traballos permítennos falar do intre no que os primeiros grupos humanos establécense na rexión fai algo máis de 300.000 anos. As mostras das actividades destes primeiros galegos as podemos observar en xacementos tan representativos como as Gándaras de Budiño, O Cabrón ou Porto Maior. En Porto Maior temos as primeiras mostras seguras de presenza humana en Galicia, datadas en cerca de 300.000 anos. Tamén atopamos un escenario de ocupación, caracterizado por unha grande acumulación de útiles, a cal non atopa paralelo estrito en todo o continente europeo. Gándaras de Budiño e O Cabrón nos falan dos últimos grupos que empregan unha forma de traballar a pedra que chegou de África miles de anos antes. Os humanos que habitaban estes dous xacementos son dos últimos exemplos das xentes que usaban esta tecnoloxía e xa son
Está en:  Inicio Seccións Premio Victoriano Taibo CONVOCATORIA X PREMIO DE POESÍA VICTORIANO TAIBO
Skip to content
CONVOCATORIA X PREMIO DE POESÍA VICTORIANO TAIBO PDF Imprimir Correo-e

Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por IEM -Sec   
Domingo, 26 Marzo 2017 12:27
captura de pantalla 2017-03-26 a las 12.23.38

 

CONVOCATORIA

X PREMIO DE POESÍA VICTORIANO TAIBO

Por décimo ano consecutivo, o Concello de Gondomar, en colaboración co Instituto de Estudos Miñoráns, comprácese en convocar unha nova edición do premio de poesía que pretende honrar a figura de Victoriano Taibo, poeta das Irmandades da Fala, mestre galeguista, creador de ducias de artigos sobre a lingua e sobre feitos e personaxes galegos, narrador, membro da Real Academia Galega e do Instituto Histórico do Minho, persoeiro, en fin, de méritos acreditados e fondamente comprometido coa lingua e a cultura galegas.

O premio instituíuse no ano 2008 co mecenado inicial da Entidade Local Menor de Morgadáns que, en 20015, a través do novo equipo de goberno resultante das últimas eleccións, eliminou unilateralmente o compromiso adquirido, e a continuidade do premio quedou garantida polo concello de Gondomar, que asumiu o mecenado a partir dese momento. Dende aquela data inicial o acervo literario galego incrementouse con 10 novos poemarios de 11 autores diversos que acadaron sempre críticas favorables.

 

Esta aparente incoherencia entre 9 certames, 10 libros e 11 autores ten doada explicación. En 2009 o premio foi repartido ex aequo entre dous poemarios; un deles, ademais, era de dobre autoría. Esta é a relación dos galardóns concedidos ata o de agora:

 

2008 Carlos negro Cultivos transxénicos.

2009 Elvira Tobío e Silvia Penas Biografía da multitude.

MªCarmen Caramés Cuarto minguante.

2010 Mª Goretti Fariña Devastacións dispoñibles.

2011 Calros Solla Holocausto Zacoe.

2012 Conchita Álvares Lebredo Distancias e simetrías.

2013 Ramón Sandoval Territorios estraños.

2014 Lara Rozados O caderno amarelo.

2015 Iñaki Varela Do outro lado das portas.

2016 Xosé Iglesias Lamela A relixión do mar.

O último poemario citado está aínda de plena actualidade, acadando críticas moi favorables e colleitando éxitos nas diferentes presentacións (incluída a realizada, suxestivamente, por el dende o seu barco) que están tendo lugar en moitos e diversos lugares de Galicia, como antes fixeron outros.

Queda, pois, convocado, no centenario da fundación da Irmandade da Fala de Santiago, o X Premio de Poesía Victoriano Taibo dirixidos a poetas en lingua galega que queiran achegar as súas obras antes do 31 de xullo de 2017, como se recolle nas bases adxuntas.

Queda convocado, xa que logo, o X Premio de Poesía Victoriano Taibo cuxas bases van adxuntas.

 

BASES
O IEM, Instituto de Estudos Miñoráns, convoca o X Premio de Poesía Victoriano Taibo baixo o mecenado do Concello de Gondomar. O premio, dotado con 3000 € e unha escultura conmemorativa de Fino Lorenzo, rexerase polas seguintes bases:
  1. Os traballos presentados deberán ser orixinais e inéditos, de temática libre, non poderán ser adaptacións e estarán escritos en lingua galega, de acordo coa normativa aprobada pola Real Academia Galega en 2003.
  2. Cada traballo consistirá nun ou varios textos poéticos, cunha extensión non inferior a 300 versos, que constitúan un conxunto.
  3. De cada obra presentarase orixinal e catro fotocopias. Os autores ou au- toras concursarán polo sistema de plica. Os traballos faranse chegar por correo ao seguinte enderezo: Apartado 30 36 380 Gondomar Pontevedra
  4. Os traballos presentados conservaranse durante un mes a partir da data de publicación da resolución do xurado e logo destruiranse os que non fosen solicitados polos seus autores ou autoras.
  5. O prazo de admisión de orixinais comezará cando se faga pública esta convocatoria e rematará o día 31 de xullo de 2017.
  6. O xurado estará constituído por cinco persoas de recoñecido prestixio no eido literario.
  7. A obra premiada será publicada polo IEM na Colección Victoriano Taibo e non xerará dereitos de autor nesta primeira edición.
  8. O premio outorgado será único e indivisible. O xurado poderá declaralo deserto se estima que a calidade das obras presentadas así o aconsella.
  9. Calquera incidencia non prevista nesta convocatoria será resolta polo xurado.
  10. O feito de participar supón a aceptación destas bases. Gondomar, a 28 de marzo de 2017