Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Seccións Premio Victoriano Taibo III Premio de Poesía Victoriano Taibo: 10 obras finalistas.
Skip to content
III Premio de Poesía Victoriano Taibo: 10 obras finalistas. PDF Imprimir Correo-e

Premio Victoriano Taibo - Artigos
Luns, 06 Setembro 2010 19:34

 

{youtube width="200" height="160"}BpzPP0XlxCg{/youtube}

O xurado do III Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns reuniuse o pasado 4 de setembro de 2010 para deliberar sobre os orixinais que, nun total de 43, se presentaron nesta convocatoria.

A participación non só foi abundante senón tamén de gran calidade, como sinalaron unanimemente os membros do xurado, feito que dificultou a decisión de distinguir un dos libro co galardón deste ano polo que, nesta primeira reunión deliberatoria, decidiron seleccionar dez finalistas para, en breves días, elixir un deles como gañador do certame. Os títulos das obras seleccionadas, relacionadas por orde de recepción dos orixinais, son os seguintes:

 

Outono en Alphaville

Aliens e nomades

Refuxio

Devastacións dispoñibles

Vilareda

O libro das mentiras

Galicia en bus

Código morse

Amnannese

Tardes malva

 O gañador, cuxo nome e obra faranse públicos en breve, recibirá o premio co que está dotado este certame (3.000 € en metálico e unha peza escultórica de Fino Lorenzo) no transcurso dun acto que se celebrará a mediados de novembro, en cuxo momento será tamén presentado o libro gañador editado polo Instituto de Estudos Miñoranos.