Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

XV XEIRA ALÉN MIÑOR CERDEDO - MONTE SEIXO (5 de maio de 2018)

Percorreremos, guiados pola sensata palabra colmada de sentimento de Calros Solla, o Monte Do Seixo, mítico cimeiro da Terra de Montes, biqueira da Serra do Cando. Cos seus picoutos, encostas e bosques, con vistas maravillosas (cando o vento norte limpa de nubes o horizonte) á Ría de Pontevedra,os concellos veciños de A Lama, Beariz e Forcarei.

Unha serra parcialmente esnaquizada por un parque eólico no ano 2000, pero que todavía conserva unha forte pegada etnográfica, con moitísimas lendas e referencias prehistóricas, castrexas e de sabedoría tradicional. Esta montaña máxica que para os devanceiros era un medio de comunicación coas deidades celestes atesoura un abraiante patrimonio material, natural e inmaterial: túmulos, vereas, marcos, pedrafitas, milladoiros, foxos, neveiros, afloramentos graníticos de caprichosa feitura. A natureza exprésase nas mandas de garranos e de vacas que campan pola serra tendo conta das súas vidas cando o lobo llo permite. O vento mareiro deloura cornos e crinas nos piricotos orientados cara ó mar.

 

Está en:  Inicio Seccións Premio Victoriano Taibo Imaxes da andaina pola Serra da Groba.
Skip to content
Imaxes da andaina pola Serra da Groba. PDF Imprimir Correo-e

Xeiras - Información
Xoves, 24 Marzo 2011 00:24
andainanagrobaiem

O pasado domingo 20 de marzo, as asociacións S.O.S. Groba, Instituto de Estudos Miñoranos e Verdegaia organizaron unha andaina pola Serra da Groba , parte do programa de roteiros mensuais de Verdegaia "Vai de roteiros!. Nesta serra próxima ao mar e a máis meridional da Galiza, congregáronse máis de cincuenta persoas que compartiron e gozaron das particulares características faunísticas, florísticas, xeolóxicas, arqueolóxicas, etnográficas e a singular beleza deste espazo natural ó mesmo tempo que analizaron as agresións e ameazas que padece.
Deixamos como testemuña da xornada unha escolma de imaxes tomada por un dos guías, Xilberte Manso do IEM. Prema aquí para ver o album.