Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Seccións Premio Victoriano Taibo Preséntase no Concello de Nigrán o libro do congreso Emigración e Educación.
Skip to content
Preséntase no Concello de Nigrán o libro do congreso Emigración e Educación. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Martes, 28 Xuño 2011 22:57
portada-libro-1-centenario-iem

O vindeiro venres 1 de xullo ás 20:30 horas, no Salón de Plenos do Concello de Nigrán será presentado ao público o libro que recolle as comunicacións presentadas no Congreso EMIGRACIÓN E EDUCACIÓN (1900-1936) Iº CENTENARIO DAS ESCOLAS DA UNIÓN HISPANO-AMÉRICANA VALLE MIÑOR (1909-2009). O libro foi editado polo Instituto de Estudos Miñoranos dentro da súa colección Universitas Minoris.
O congreso tivera lugar entre os días 29 de xuño e 3 de xullo de 2009 celebrouse en Nigrán, nas instalacións do Instituto de Educación Secundaria "Escolas Proval", o Congreso "Emigración e Educación 1900-1936. Iº Centenario das Escolas da Unión Hispano-Americana Pro Valle Miñor (1909-2009)", organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) como celebración do centenario da creación das Escolas da Unión-Hispanoramerica Pro Valle Miñor creadas pola asociación homónima impulsada polos emigrantes miñorás en Arxentina e no Uruguai.
O Congreso reuniu unha manchea de profesores/as e investigadores/as das universidades da Coruña, Santiago, Vigo e Bos Aires, e doutras institucións para recoller as súas respectivas visións sobre diferentes aspectos da emigración e da educación en Galicia no primeiro terzo do século XX.
Ramón Villares Paz, Lourenzo Fernández Prieto, Dionisio Pereira, Miguel Cabo, Pilar Cagiao, Uxío-Breogán Diéguez, Raúl Soutelo , Xoán Carmona, Narciso de Gabriel, Ruy Farías, Xosé Manuel Cid, Antón Costa, Xosé Manuel Malheiro, Rosa Pascual, Álvaro Peralta, Carlos Méixome, María Xosé González, José Ramón Iglesias, Miguel Anxo Santos Rego, María do Mar Lorenzo e Xosé Manuel Beiras fixeron as súa achegas que se recollen na presente publicación coordinada polo profesor Xosé Manuel Malheiro.
Dous anos máis tarde ve a luz un volume, editado polo Instituto de Estudos Miñoranos dentro da súa colección Universitas Minoris, no que se recollen as actas do Congreso.
O volume de máis de 500 páxinas está organizado e dous grandes paneis. No primeiro faise unha achega á historia económica, política e social da Galicia no primeiro terzo do século XX. O segundo panel centrase na historia da educación, no papel da emigración no desenvolvemento dos centros escolares e no estudo das Escolas de Nigrán e dos seus impulsores Manuel Losada, Manuel Lemos e o seu director, Eladio Ferreiro. O segundo panel denominase O labor educativo da emigración galega e as escolas da Unión Hispano-Americana Pro Val Miñor. O libro iniciase cun adro introductorio a cargo do profesor Ramón Villares e unha coda ou remate de Xosé Manuel Beiras.