Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Seccións Premio Victoriano Taibo O libro "Actas do Congreso" Emigración e Educación foi presentado no Salón de Plenos de Nigrán.
Skip to content
O libro "Actas do Congreso" Emigración e Educación foi presentado no Salón de Plenos de Nigrán. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Xoves, 07 Xullo 2011 20:26
presentacin-emigracion-educacion-nigran

Ante un número importante de veciños de Nigrán presentouse o libro "Actas do Congreso", Emigración e Educación (1900-1936), I Centenario das Escolas da Unión Hispano-Americana Val Miñor (1909-2009) no salón de Plenos do Concello. O acto estivo presidido polo alcalde Alberto Valverde e contou coa presenza  da concelleira de Turismo, Cultura e Deportes, Liliana Silva, o director do Instituto de Estudos Miñoranos, Carlos Méixome, e Xosé Manuel Malheiro, profesor de Historia de Educación da Universidade da Coruña e coordinador da obra.

Primeiramente a concelleira Liliana Silva deu a benvida aos veciños e aos membros da mesa cunha breve presentación do acto. A continuación o profesor Malheiro  salientou a importancia histórica das sociedades para a educación fomentadas polos emigrantes galegos, nos primeiros anos do século XX. Un a un foi informando dos traballos recollidos no libro cunha referencia á autoría dos mesmos.  Seguidamente, Carlos Méixome lembrou a labor dos pioneiros na construción das Escolas Proval, e ao mesmo tempo que destacou o esforzo realizado por todos aqueles que participaron na organización do Congreso no 2009. Pola súa banda o alcalde Alberto Valverde, agradeceu ao IEM por rescatar estes anacos da historia do Val Miñor, e en especial de Nigrán. O acto que tivo lugar o pasado venres 1 de xullo, rematou coa expresa vontade do alcalde de Nigrán de manter unha estreita colaboración entre o Concello e mais o IEM, apoiando en tódolo que sexa posible o rescate e posta en valor da cultura local.