Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Seccións Premio Victoriano Taibo A 63 anos do nomeamento de Victoriano Taibo como Académico Numerario da RAG.
Skip to content
A 63 anos do nomeamento de Victoriano Taibo como Académico Numerario da RAG. PDF Imprimir Correo-e

Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por IEM   
Luns, 17 Outubro 2011 21:15
vitoriano-taibo

O 15 de outubro do 1948 tiña lugar a recepción de Victoriano Taibo como Académico Numerario da Real Academia Galega. Daquela, con 63 años, muller, dous fillos e 30 anos como mestre presentábase ante os académicos para ler o seu discurso Rosalía de Castro precursora da fala. En fronte, Otero Pedrayo , caderno en man, tomaba nota para responder en nome da academia. A seu carón, Manuel Casás Fernández, presidente da RAG custodiaba as insignias que tras os discursos impoñería a Taibo para formalizar o seu ingreso

Din que era un home de fondas conviccións relixiosas e fumador empedernido. Que dende a súa chegada a Morgadáns na primavera de 1930 non só sementou números e letras nas escolas da parroquia, tamén fixo de arqueólogo, labrego, artesán de papaventos e habitual participante en faladoiros improvisados cos veciños.  Da súa estancia no Val Miñor tomou nota dalgúns vocábulos  que quixo recuperar para o acervo lingüístico da RAG:  cantiga, canviche, socalco, apolante, areira, deguro e escaronda; as catro últimos propios de Morgadáns.  Palabras que utilizou no seu discurso de presentación, incluíndoos nun glosario xunto a outros termos locais recollidos en distintos puntos de Galicia

O tamén académico Francisco Fernández Rei, rescatara as publicación xornalísticas da época que deron conta do novo membro numerario da RAG, no monográfico que sobre Victoriano publicara o Instituto de Estudos Miñoranos en 2008. Nel, lembra que con data 16 de outubro de 1948, La Voz de Galicia baixo o titular "Recepción de un nuevo académico", informaba que o día anterior, ás oito da noite, no salón de sesións do Palacio municipal da Coruña se fixera o solemne acto de ingreso na Academia do "inspirado poeta regional Victoriano Taibo García, también, destacado pedagogo".

Sinalábase que o discurso se lera en galego e que se trataba dunha "exquisita pieza, literaria, que mereció el beneplácito de todos los asistentes", peza na que o poeta glosou a figura extraordinaria de Rosalía de Castro. A seguir indicábase que o polígrafo Ramón Otero Pedrayo "recogió lo más saliente de su discurso, para glosarlo con su magnífica oratoria". Finalmente o presidente da Academia Manuel Casás Fernández  impúxolle a Taibo as insignias.