Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 7 de xuño, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Seccións Premio Victoriano Taibo Poema manuscrito de Victoriano Taibo.
Skip to content
Poema manuscrito de Victoriano Taibo. PDF Imprimir Correo-e

Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por IEM   
Luns, 24 Outubro 2011 18:55
vitoriano-taibo

O compañeiro do Instituto de Estudos Miñoranos, Antonio Valverde Alonso, máis coñecido, no Val, como Juan, fainos chegar este poema manuscrito de Victoriano Taibo. Ignacio Novás Piñas, fillo de Juan Novás Guillán a quen Taibo dedicou esta "Lembranza da tecedeira" agasallou a Juan, ou Antonio, con esta xoia.  O poema está asinado en Morgadáns o 15 de setembro de 1947. Foi publicado, co mesmo título, na revista Sonata Gallega II, no número extraordinario de 1949. en páxina non numerada. Posteriormente, en 1968, na revista El Museo de Pontevedra, nº 22, 1968, páxinas 127-130, co título lixeiramente alterado: "Lembranzas da Tecedeira".

Juan Novás Guillán, naceu no Grove en 1880 e morreu en Pontevedra en 1967. Foi considerado o Cronista desta cidade. Xosé Filgueira Valverde, a quen estaba moi unido persoal e politicamente (fixeron xuntos o camiño dende o Partido Galeguista pasando pola escisión da Dereita Galeguista ata a súa afiliación ao partido único da FET y de las JONS) pronunciou un discurso necrolóxico en abril de 1967, publicado no mesmo número da revista no que se recolle o poema de Taibo. Novás Guillén foi Inspector de Ensino Primario, posto ao que accedeu en 1944.

Sirva esta achega como adianto do acto de entrega do IV Premio de Poesía Victoriano Taibo-Entidade Local de Morgadáns que terá lugar o sábado 12 de novembro ás 19.30h. na Escola de Guillufe.

Prema aquí para descargar o manuscrito