Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Seccións Premio Victoriano Taibo Este sábado entrega do IV Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns .
Skip to content
Este sábado entrega do IV Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns . PDF Imprimir Correo-e

Premio Victoriano Taibo - Artigos
Venres, 11 Novembro 2011 21:55
vt-iem

Recordamos que o vindeiro sábado 12 de novembro o poeta pontevedrés  Carlos Solla, será galardoado coa entrega do IV Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns, pola súa obra Holocausto Zacoe.  O autor recibirá como premio unha escultura do artista miñorá Fino Lorenzo, 3.000 euros en metálico e a edición da súa obra. O acto terá lugar na Escola de Guillufe  en Morgadáns, ás 19 horas e é aberta ao público.