Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Seccións Premio Victoriano Taibo Últimos días para participar do V Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns.
Skip to content
Últimos días para participar do V Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns. PDF Imprimir Correo-e

Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 03 Xullo 2012 20:19
vt2012

Lembramos que ata o vindeiro 31 de xullo está aberta a convocatoria do Instituto de Estudos Miñoranos e a Entidade Local de Morgadáns para participar do "V Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns". O mesmo está dotado con 3.000 €, unha peza escultórica do artista miñorán Fino Lorenzo e a publicación da obra premiada na colección Victoriano Taibo do IEM.
As catro edicións anteriores acadaron importantes éxitos de participación (arredor de 45 orixinais) e crítica. Os autores premiados ata o de agora foron Carlos Negro,por Cultivos transxénicos ; Mª Carmen Caramés por Cuarto Minguante e Elvira Riveiro e Silvia Penas por Biografía da Multitude ; Mª Goretti Fariña por Devastacións dispoñibles e Calros Solla por Holocausto zacoe.
As publicacións pódense mercar nas librarías ou contra reembolso en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Preme aquí para descargar as bases do V Certame de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns.