Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Seccións Premio Victoriano Taibo Tinta e tres orixinais concorren ao VI Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns.
Skip to content
Tinta e tres orixinais concorren ao VI Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns. PDF Imprimir Correo-e

Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 06 Agosto 2013 22:41
orixinais-VT

Trinta e tres obras participarán no 2013 da VI edición do Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Menor Local de Morgadáns, organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos.

O pasado 31 de xullo  rematou o prazo para a recepción de orixinais para participar no VI Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns. O xurado reuniuse para recoller os traballos presentados, nun total de trinta e tres obras. O fallo farase público nos primeiros días de setembro, en data que se anunciará nos medios de comunicación.

O premio dotado con 3.000 €, peza conmemorativa e a publicación da obra premiada está sufragado pola Entidade Local Menor de Morgadáns  e xestionado polo Instituto de Estudos Miñoranos e será entregado nun acto a celebrar no edificio das Escolas de Guillufe (Morgadáns) na 2ª semana de novembro.

Na primeira convocatoria resultou gañador o poemario Cultivos Transxénicos de Carlos Negro; na segunda o xurado acordou conceder o premio ex aequo aos poemarios Cuarto Minguante, do que é autora Mª Carmen Caramés, e Biografía da Multitude, que resultou estar creado a dúas mans por Elvira Riveiro e Silvia Penas; na terceira edición o premio foi para o libro Devastacións dispoñibles, de Mª Goretti Fariña, na cuarta edición a obra premiada foi Holocausto Zacoe, de Calros Solla e na quinta edición a obra gañadora foi Distancias e Simetrías , de María Concepción Álvarez Lebredo.