Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Seccións Premio Victoriano Taibo “Territorios Estraños”, de Ramón Sandoval Pérez gaña o VI Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns.
Skip to content
“Territorios Estraños”, de Ramón Sandoval Pérez gaña o VI Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns. PDF Imprimir Correo-e

Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por IEM   
Mércores, 18 Setembro 2013 23:53
VT-2013

O xurado do VI Premio de Poesía Victoriano - Entidade Local de Morgadáns acordou declarar gañador da convocatoria deste ano o poemario Territorios Estraños, do que é autor Ramón Sandoval.

O premio, dotado con 3000 €, escultura conmemorativa da autoría de Fino Lorenzo e publicación do libro polo Instituto de Estudos Miñoranos na colección Victoriano Taibo, será entregado no transcurso dun acto cultural que se celebrará na Escola de Guillufe de Morgadáns, sede do Premio, no mes de novembro.

A obra

Na súa acta final, o xurado  salienta a “enerxía e plasticidade do verso,  a solidez na construción do poema, os acertos expresivos e o contido lirismo” de Territorios Estraños.  A obra divídese en tres partes tituladas “Interferencias”, “De amores e ausencias” e “Principios de incerteza”. A primeira e a terceira tratan da dialéctica “entre o eu lírico e a realidade”, sinala o xurado, “a segunda, entre o eu lírico e o ti da paixón amorosa”.

O xurado estivo integrado polos escritores Gonzalo Navaza, Marta Dacosta, Araceli Gonda, Rexina Vega, Conchita Álvarez Lebredo e Miguel Anxo Mouriño, este último como secretario.

O gañador

Residente en Vigo, Ramón Sandoval Pérez (Sober - Lugo),   é tamén o autor do poema  Conta atrás, co que acadara o Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López (2013), e Cicatrices do Insomnio, obra premiada no I Concurso de Poesía Manuel Leira Pulpeiro (2012)

Querémoslles dar os máis sinceros parabéns ao gañador, por acadar este galardón que goza xa dun innegable prestixio que transcende o ámbito de Galicia, e aos promotores, que fomentan de forma efectiva a creatividade poética nos máis altos niveis do sistema literario galego.