Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 31 de maio, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Seccións Proxectos pedagóxicos Artigos Xornadas educativas “ A arte rupestre como recurso didáctico”
Skip to content
Xornadas educativas “ A arte rupestre como recurso didáctico” PDF Imprimir Correo-e

Proxectos pedagóxicos - Novas
Escrito por IEM -Sec   
Venres, 30 Outubro 2015 21:50

Este xoves remataron as xornadas " A arte rupestre como recurso didáctico" realizado a través dun convenio de colaboración entre o IEM ( Instituto de Estudos Miñoranos) e CFR de Vigo ( Centro de Formación e Recursos de profesorado). Baseadas estas xornadas nun proxecto de desenvolvemento realizado a través dun proxecto intercentros " A arte rupestre e a súa aplicación na aula" no CEIP de Barrantes, Ceip Humberto Juanes, CEIP da CRUZ e Centro Juan María.


Un total de 25 mestres de distintos centros educativos de infantil, primaria e secundaria participaron nestas xornadas que constaron tres ponencias ( María Lemos, Xosé Lois Vilar e Elisa Pereira ) e unha saída didáctica ao local do IEM e a estación de arte rupestre Outeiro dos Lameiros en Baiona con Xosé Lois Vilar e Bruno Centelles.

 

Ver presentación das xornadas