Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Seccións Proxectos pedagóxicos Artigos Xeira escolar ao petróglifo As Portaxes, no Monte Tetón.
Skip to content
Xeira escolar ao petróglifo As Portaxes, no Monte Tetón. PDF Imprimir Correo-e

Proxectos pedagóxicos - Novas
Venres, 08 Xuño 2012 17:16
coles-tomino-as-portaxes


Máis de 70 alumnos de 6º dos colexios de Tomiño CEIP Pedro Caselles Beltrán, CEIP de Barrantes e CEIP de Tebra, visitaron o petróglifo "As Portaxes", no ecoparque Monte Tetón. Coa guía do arqueólogo Xosé Lois Vilar (IEM), os cativos contemplaron -moitos deles por primeira vez- a rocha con gravados de círculos concéntricos máis grande da arte rupestre coñecida. A visita fíxose no marco das xornadas "Por fin Turonia de 6º", organizada polos equipos docentes dos devanditos institutos de Tomiño.
Os alumnos recibiron explicacións sobre o contexto histórico no que se desenvolveu a cultura dos gravados na pedra, as técnicas empregadas e os posibles significados así como misterios que aínda persisten sobre os debuxos. Durante o percorrido dende a entrada ao ecoparque situado nos montes en man común de Tebra, ata As Portaxes, Xosé Lois Vilar describiu a toponimia do lugar así como a importancia de preservar e por en valor o patrimonio material e inmaterial das terras de Tomiño e a rexión.
No caderno de campo preparado polo equipo docente, os estudantes foron rexistrando as súas impresión sobre as observacións e informacións adquiridas durante a xeira. Facendo fronte ás pingas de auga que non deixaron de caer en toda a mañá, os valentes rapaces seguiron cara ao monte na recolleita de datos sobre o contexto natural e cultural do concello onde viven.
A actividade desenvolveuse o pasado xoves 7 de xuño, e contou co apoio do Concello de Tomiño, Protección Civil e o Instituto de Estudos Miñoranos.

Dim lights Embed Embed this video on your site