Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

O IEM e o Concello de Gondomar homenaxean a María Victoria Moreno.

O acto terá lugar na Paradela, na praza Latino Salgueiro de Gondomar, e comezará ás 19:30 horas

Este 17 de maio, Día das Letras Galegas, o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, e o concello de Gondomar, a través da concellaría de Cultura, celebrarán as Letras galegas cunha homenaxe á escritora María Victoria Moreno, a quen se lle dedica a data este ano.

Os escritores Iria Misa e Miguel Anxo Mouriño lerán fragmentos da obra desta profesora estremeña que namorou da lingua galega e dedicou a súa vida a escribir en galego, especialmente para os máis novos e novas. Ese lectorado tan presente para María Victoria Moreno estará representado neste acto por alumnado do CEIP Neira Vilas e IES plurilingüe Terra de Turonio, que lerán fragmentos de Eu conto, ti cantas.

Acompañando á palabra recitada estará o grupo musical Xardín desordenado que interpretará pezas do seu último traballo, "A vitoria da luz", baseado en textos de María Victoria Moreno e pechará o acto. Tamén, durante todo o acto a pintora Irene Silva realizará un mural en directo.

Palabra, música, pintura únense así para festexar a nosa lingua, esta que tanto amou María Victoria Moreno, quen non dubidou en utilizala no ensino ou en dar aulas de lingua alí onde for requirida en tempos da ditadura franquista. Os seus versos, os seus relatos en que os animais teñen un papel principal, o seu amor pola lingua son o legado que nos deixa unha estremeña que un día namorou deste noso país.

Está en:  Inicio Seccións Sala de exposicións
Skip to content
Ultimos días da mostra No Grande Azul PDF Imprimir Correo-e

Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Luns, 05 Xullo 2010 21:05
Romay1_copia
Download this file (CAT. Jose Romay.pdf)
Download this file (Romay.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 4
  • Seguinte
As imaxes en branco e negro, de gran formato, que José Romay expón na "Aula de Cultura Ponte de Rosas", supoñen un excelente exemplo de fotografía documental nas que se retratan as duras condicións de traballo dos mariñeiros galegos de altura e litoral.


Esta exposición supón o inicio das Bolsas de Creación Fotográfica que o Museo do Mar, coa colaboración do Centro de Estudos Fotográficos, desexa desenvolver anualmente. Así o explicou Pablo Carrera, director do devandito museo, na presentación da mostra ao público fiel que asistiu a inauguración o pasado venres 2 de xullo da que damos conta nas seguintes imaxes.
Desde aquí felicitamos ao Museo do Mar por esta iniciativa e ofrecémoslle este espazo para acoller ano a ano o froito deste proxecto rigoroso.
Invitámosllos a visitar esta excelente mostra que permanecerá aberta os meses de xullo e agosto na "Aula de Cultura Ponte de Rosas" (Avda. da Feira nº 10 baixo, Gondomar), no horario de 19 a 21 h.

 

Exposición de fotografías No Grande Azul de José Romay Inauguración
Attachments:
Catálogo José Romay[ ]1585 Kb
Diptico da exposicións[ ]218 Kb