Inaugúrase a mostra retrospectiva: "Fernando Casás: o agora xa foi e o denantes será" . Imprimir

O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Martes, 23 Outubro 2012 23:56
fernando_casas

Amigas e amigos do IEM, temos o pracer de convidarlles á inauguración da exposición "Fernando Casás: o agora xa foi e o denantes será" que terá lugar o vindeiro venres 26 de outubro de 2012 ás 20 horas no Centro Galego de Arte Contemporánea (Rúa Ramón del Valle Inclán s/n - Santiago de Compostela).
A mostra permitiranos gozar dunha mirada retrospectiva da obra de Fernando Casás (Gondomar, 1946) , que baixo o comisariado de Miguel von Hafe Pérez (director do CGAC), percorre o traballo creativo do autor durante catro décadas, entre o Brasil (onde iniciou a súa práctica artística) e Galicia, a súa terra natal.
Fernando Casás (socio e membro activo do IEM), está considerado un dos iniciadores dos movementos de Arte & Natureza. Dende finais dos anos sesenta, no entorno tropical brasileiro, comezou fraguar unha obra marcadamente conceptual que evidencia e reflexiona sobre a memoria e o paso do tempo na natureza.
Os seus traballos desprazan a arte dos seus sitios convencionais para ficala na natureza, así como colle anacos dela para localizala en galerías ou espazo urbanos. Un xogo que funciona cal metáfora epistemolóxica de quebra entre as raias entre natureza e cultura.