Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

PRESENTACIÓN EN PONTEVEDRA D’A RELIXIÓN DO MAR o venres día 26 ás 20:00 horas.

PRESENTACIÓN EN PONTEVEDRA D'A RELIXIÓN DO MAR

O Ateneo de Pontevedra organiza a presentación, na libraría Paz desta cidade, do poemario A relixión do mar, de Xosé Iglesias Lamela, que obtivo en 2016 o IX Premio de Poesía Victoriano Taibo convocado polo concello de Gondomar e xestionado polo Instituto de Estudos Miñoráns.

O autor, mariñeiro en activo, rende neste libro unha homenaxe ao mar en todas as facetas con el relacionadas e faino coa forza, a autenticidade e a creatividade de quen ama profundamente o que fai e o que di; talvez por iso o poemario tivo unha traxectoria tan afortunada con abundancia de críticas favorables e presentacións en moitos lugares de Galicia. Agora tócalle recibilo a Pontevedra da man do tamén poeta (e máis cousas: profesor, etnógrafo, activista cultural) Calros Solla, gañador en 2011 do IV Premio de Poesía Victoriano Taibo coa obra Holocausto zacoe, que compite con esta en forza, creatividade e orixinalidade, aínda que nun rexistro totalmente distinto.

O acto terá lugar o venres día 26 ás 20:00 horas na Libraría Paz, situada en rúa Peregrina nº 29 de Pontevedra.

Está en:  Inicio Seccións Tertulias
Skip to content
Ante a retirada de Pablo Carrera como Director do Museo do Mar de Galicia. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Luns, 24 Outubro 2011 20:44
Pablo-Carrera_Museo

Hai apenas uns días clausuramos na Sala de Exposicións da AC Ponte de Rosas a exposición fotográfica de Chas Conservar a Memoria. O nove de setembro inaugurarase coa presenza do fotografo e do director do Museo do Mar, Pablo Carrera. Era a segunda ocasión en que a sala do IEM acollía unha exposición do Museo do Mar. Con anterioridade estivera o traballo de José Romay No grande azul. Noutras ocasións o IEM participara noutras iniciativas promovidas polo Museo do Mar.
Pablo Carrera fora o impulsor destas colaboracións que difundían as actividades do Museo do Mar polo Val Miñor. Dende o IEM adherímonos ao escrito da Federación Galega pola Cultura Marítima e facémolo noso. Grazas Pablo polo teu traballo.