Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

XEIRA IEM-Nigrán (Ramallosa)- "San Pedro da Ramallosa. Monumentos, lendas e paisaxes." Luns 14 de agosto, ás 18:30 h.

O vindeiro luns 14 de agosto, gozaremos dunha nova xeira polo concello de Nigrán na parroquia da Ramallosa "San Pedro da Ramallosa. Monumentos, lendas e paisaxes.", dentro do programa das xeiras de verán 2017 do IEM, e coa colaboración do concello de Nigrán, que será guiada polo especialista Antonio Soliño Troncoso.

A xeira ten como punto de encontro a Capela de San Campio na Ramallosa ás 18:30h.

Enlace ao punto de encontro:

https://drive.google.com/open?id=1N-J6l4qswZsjkAPwG1WpUFat8b8&usp=sharing

AS XEIRAS DO IEM. VERÁN 2017
SAN PEDRO DA RAMALLOSA. MONUMENTOS, LENDAS E PAISAXES.

Guiada por
ANTONIO SOLIÑO TRONCOSO

A XEIRA. APROXIMACIÓN.
A parroquia de San Pedro da Ramallosa era coñecida no século XII como San Pedro de Filgueira, transformándose máis tarde en Filgueiras, denominación que segundo os libros parroquiais aínda mantiña a mediados do XVIII, antes de mudar para a actual. Durante o Antigo Réxime integrou o Partido de Val de Miñor polo que no político e gobernativo se debía ao Procurador Xeral do devandito Partido mentres que no contencioso estaba baixo xurisdición do Xuíz do reguengo de Baiona. Coa chegada dos concellos constitucionais San Pedro pasa a integrar o de Nigrán o 7 de decembro de 1836, ratificado mediante R.O. en febreiro do ano seguinte.
Esta xeira pretende complementar a que con final en Panxón realizou o IEM polos areais da parroquia o ano pasado. Aquela tivo como fío condutor o Rexionalismo arquitectónico e a repercusión que sobre algunhas das intervencións exerceron indianos nados nela. A presente, cunha motivación máis variada, atenderá a parámetros históricos, monumentais, paisaxísticos, etnográficos,... e rematará enlazando co tema da pretérita citada, o Rexionalismo e os indianos. Entre outras pezas comentaremos a capela e cruceiro de San Campio emprazadas a carón do esteiro do río Miñor; a medieval ponte da Ramallosa, unha das máis belas de Galicia; as distintas edificacións do pazo de Pías; a murada granxa da Robaleira, de século XVI; un tramo da antiga Estrada Real ao Val da Louriña; a parroquial de orixe románica e o cemiterio hixienista no que asentan monumentais panteóns; a primeira adega de viño espumoso do Val de Miñor; cruceiros do XVI e XVII; e arquitectura rexionalista construída por indianos en emprazamentos de privilexio. Tamén falaremos de encrucilladas e lendas, de persoeiros e algúns dos seus soños, de árbores senlleiras e paisaxes feridas. Todo durante as aproximadamente tres horas e cuarto que nos levará percorrer os cómodos catro quilómetros e medio de trazado previsto.

 

Está en:  Inicio Seccións Tertulias
Skip to content
A multi-premiada "CREBINSKY" será presentada no Auditorio Municipal de Gondomar. PDF Imprimir Correo-e

Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos
Escrito por IEM   
Luns, 09 Abril 2012 22:36
crebinsky-iem
Download this file (CARTEL.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

O vindeiro sábado 14 de abril o cineasta Enrique Otero presentará CREBINSKY, o filme por el dirixido e producido entre outros por Luis Tosar; gañador de múltiples festivais nacionais e internacionais. A película será exhibida a partir das 20:30 horas no Auditorio Municipal de Gondomar "Lois Tobío". O acto é organizado polo IEM coa colaboración da Concellería de Cultura de Gondomar. A entrada é gratuíta ata completar aforo.

Dim lights Embed Embed this video on your site

A PELÍCULA

Ten a súa orixe na ampliación dunha curtametraxe do mesmo título (2002) baseada no fenómeno das crebas (restos de diversa índole que o mar deposita nas praias) e unha famosa historia sobre un cargamento de leite condensado que chegou a Arou nos anos 70.

Dim lights Embed Embed this video on your site

O filme foi dirixido por Enrique Otero e participan actores de primeira liña, como Miguel De Lira, Sergio Zearreta, Luís Tosar ou Celso Bugallo, entre outros. Conta a historia de dous irmáns que unha riada envía a un lugar da costa, xunto coa súa vaca, na época da segunda guerra mundial, onde levan unha existencia bucólica. A desaparición do animal fai que os irmáns investiguen e van coñecendo as características do seu mundo actual.

Dim lights Embed Embed this video on your site

Para promocionar a película crean un espectáculo que chaman Universo Crebinsky. Inclúe un pasa rúas, a proxección da película Crebinsky, e un concerto a cargo da Banda Crebinsky, responsable da banda sonora de filme. Levan a cabo unha xira que arranca o 8 de xullo de 2010 no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, segue o 30 en OfestivalOn de Ribadeo, o 12 de agosto n’A Coruña, e logo en Ourense (3 de outubro), Lugo (6 de outubro) e Pontevedra (23 de outubro).

A día de hoxe leva participado en 16 festivais e acadado 14 premios.

Dim lights Embed Embed this video on your site

CRONOLOXÍA

 25 de novembro de 2009; preséntase a película no festival Cineuropa de Santiago de Compostela.

 8 de xullo de 2010; arranca Universo Crebinsky no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.

 30 de xullo de 2010; Universo Crebinsky no FestivalOn de Ribadeo.

 12 de agosto de 2010; Universo Crebinsky n’A Coruña.

 3 de outubro de 2010; Universo Crebinsky en Ourense.

 6 de outubro de 2010; Universo Crebinsky en Lugo.

 9 de outubro de 2010; ten lugar a estrea internacional en Corea no Pusan International Film Festival.

 23 de outubro de 2010; Universo Crebinsky en Pontevedra.

 31 de maio de 2011; participa no Festival de Málaga onde acada o premio ao mellor guión novel e o premio Signis á mellor longametraxe.

Dim lights Embed Embed this video on your site

 8 de abril de 2011; estrea nas salas de cine das principais cidades de Galicia e España. Convértese na película española máis vista nos cines de Galicia. Consegue permanecer en cartel máis de sete semanas.

 17 de abril de 2011; danse a coñecer os premios Mestre Mateo do 2010 conseguindo os seguintes: mellor actor protagonista para Miguel de Lira; dirección artística para Ángel Amaro e Nanda Cuíña; dirección de fotografía para Sergio Franco; maquillaxe e perruquería para Susana Veira.

 29 de setembro a 6 de outubro; participa no London Spanish Film Festival.

 30 de setembro a 9 de outubro de 2011; participa na 16ª edición de Cinespaña, Festival du Cinéma Espagnol de Toulouse, onde acadou tres premios: Violeta de Ouro á mellor longametraxe de ficción, o premio ao mellor actor, que recibiron ex-aequo Sergio Zearreta e Miguel de Lira, e o premio á mellor música para o seu compositor, Pablo Pérez.

 19 a 23 de outubro de 2011; participa no Festival de Cinema Español de Marsella.

 12 de outubro de 2011; Crebinsky foi a protagonista absoluta do Festival d'un Jour, unha proposta de cine e música que ten lugar en Paris. O festival, organizado pola asociación Españolas en Paris, concentra toda a súa actividade nun día, coa proxección dun filme, a celebración dun concerto, un encontro profesional e un encontro con universitarios.

 12 a 20 de novembro de 2011; participa no Festival Internacional de Cine Independiente de Oaxaca, onde acada de novo os premios á mellor película, mellor actor e mellor música.

 18 a 22 de decembro de 2011; participa no Spanish Cinema Now de Nova York,

 14 a 28 de marzo de 2012; participa no Festival de Cine Ibérico e hispanoamericano de Lyon.

 17 a 27 de marzo de 2012; participa na Bienal de Cine Español de Annecy.

 23 a 26 de marzo de 2012; participa no Festival Internacional de Cine de Boulogne-Billancourt (París) e acadou dous premios: mellor película e mellor director.

 27 de marzo a 3 de abril de 2012; participa na Semana de Cine Hispánico de Clermont-Ferrand

 ENRIQUE OTERO

(A Coruña, 1971)

Comeza paralelamente no mundo da imaxe e no da música, ao rodar en 1992 a súa primeira curta "Coitelo", e gravar o seu primeiro disco "Nautilus" coa formación Kozmic Muffin, coa que permanece 8 anos de xiras, concertos e espectáculos parateatrais.

Combina o seu traballo en televisión e publicidade coa súa afección pola fotografía. Pero segue ligado ao son co seu estudio Control Z, onde se xuntan os seus dous mundos, ao sonorizar ficcións (De tripas e corazón, Minotauromaquia, A Flor máis grande do mundo) e compor bandas sonoras orixinais.

Comeza entón a vida dos irmáns Crebinsky, unha curtametraxe que en 2002 gaña o 7º festival A Fila de Valladolid. Dirixe, a partir de aí, outras curtametraxes como Parole (2005) finalista do Notodofilmfest de Canle +, A dúas velas (2006) e En Plan Galicia (2006), a videocreación Microfundismos e o documental Falan de nós.

Tras varios anos traballando, xunto a Miguel de Lira, sobre a idea de converter a curtametraxe Crebinsky nunha longa, nace a película co mesmo título que se fai realidade en 2010.

Segue activo no mundo da música a través da Orquestra de Música Espontánea de Galicia (O.M.E.G.A), unha formación de música improvisada, e da Banda Crebinsky, creada a partir da composición da banda sonora orixinal da película, mentres traballa no documental Inventarios, e o seu próximo proxecto de longametraxe Caixa Negra.

 

 

Attachments:
Cartel CREBINSKY en Gondomar[Cartel para descargar e compartir.]1626 Kb