Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 31 de maio, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Seccións
Skip to content
IEM - Instituto de Estudos Miñoranos
Alberto Pazos no faladoiro do ciclo "Galicia 2017-2020: presente e futuros. Municipalismo." Venres 22 de marzo ás 20:30h. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - destacados
Escrito por IEM -Sec   
Martes, 19 Marzo 2019 21:14
O Instituto de Estudos Miñoráns convídaos a asistir este venres día 22 de marzo ás 20:30h ao faladoiro do ciclo "Galicia 2017-2020: presente e futuros. Municipalismo" no que intervirá o deputado e secretario de organización do Partido Popular de Galicia, Alberto Pazos.

Moderará a xornada Laudelino Pellitero (analista internacional)

O contido da xornada tratará sobre o municipalismo.

A xornada desenvolverase na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo, Gondomar.

 
Iván Puentes no faladoiro do ciclo "Galicia 2017-2020: presente e futuros. Municipalismo." Venres 15 de marzo ás 20:30h PDF Imprimir Correo-e
O IEM - destacados
Escrito por IEM -Sec   
Mércores, 13 Marzo 2019 18:00
O Instituto de Estudos Miñoráns convídaos a asistir o venres día 15 de marzo ás 20:30h ao faladoiro do ciclo "Galicia 2017-2020: presente e futuros" no que intervirá o secretario de política municipal do Partido Socialista de Galicia, Iván Puentes.

Moderará a xornada Luís Álvarez Pousa (director da revista Tempos Novos).

O contido da xornada tratará sobre a situación de Galicia 2017-2020 respecto do municipalismo.

A xornada desenvolverase na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo, Gondomar.
 
SUSPENSIÓN DO FALADOIRO DO VENRES 8 DE MARZO CON ALBERTO PAZOS PDF Imprimir Correo-e
O IEM - destacados
Escrito por IEM -Sec   
Luns, 04 Marzo 2019 01:17

O Instituto de Estudos Miñoráns informa que queda suspendido o faladoiro programado dentro do ciclo "Galicia 2017-2020: presente e futuros. Municipalismo" con Alberto Pazos do día 8 de marzo.

Este posporase ao vindeiro venres 22 de marzo ás 20:30 H.

 
XEIRA XX ALÉN MIÑOR (6-7 Abril 2019) MONFORTE-QUIROGA PDF Imprimir Correo-e
Escrito por IEM -Sec   
Martes, 05 Marzo 2019 01:09
boca1
Iniciamos esta visita pola zona alta da Vila de Monforte, no conxunto monumental de San Vicente do Pino. Segundo algúns autores, neste lugar estivo emprazado o Castro Dactonium. Descenderemos a pé ata o Campo da Compañía. Polo camiño pasaremos pola Porta Nova, unha das entradas da vella muralla medieval, que nos levará ata o casco antigo de Monforte e o seu barrio de ámbito xudeu. Percorrendo estas rúas coñeceremos os barrios gremiais e os lugares de tradición xudía. Sairemos do recinto amurallado pola Porta da Alcazaba, a máis antiga que se conserva. Baixaremos ata achegarmos ao cárcere vello. Á beira do cárcere vello atópanse os restos doutra das portas da muralla. Desde aquí seguimos camiñando cara á rúa do Comercio, na que atopamos unha casa con balconada e con moita historia: o antigo hospital da Orde de Santo Antonio. Tamén foi casa consistorial, e na actualidade atópase a oficina municipal de turismo e o Centro do viño da Ribeira Sacra. Moi preto deste lugar atópase unha pequena rúa, na que poderemos ver a casa máis estreita de España, recollida no libro Guinnes. A súa fachada ten 1, 5 m de ancho.
Cruzaremos a Ponte Vella, de orixe romana, e atoparémonos coa fachada do Convento das Nais Clarisas ( século XVII) fundado polos VII Condes de Lemos, que alberga o segundo Museo de Arte Sacra máis importante de España. A partir de aquí, cruzaremos o río Cabe e dedicaremos o noso tempo ao Colexio da nosa Señora a Antiga, máis coñecido como Escorial Galego, situado no campo da Compañía. Foi fundado polo cardeal D. Rodrigo de Castro no ano 1593, fillo da III Condesa de Lemos Dona Beatriz de Castro e de Álvaro Osorio.
Este grandioso monumento (110 m de fachada) alberga unha curiosa escaleira monumental, dous claustros renacentistas, a igrexa xesuítica e unha pinacoteca con obras de autores importantes como O Greco.

Pazo de Tor

O Pazo de Tor está situado nunha elevación que lle serve de miradoiro sobre o Val de Lemos na parroquia de San Xoán de Tor, pertencente ao concello de Monforte de Lemos. As orixes do pazo están ligados á liñaxe dos Garza no século XIV. O edificio foi construído no último terzo do século XVIII, aínda que conserva algún vestixio anterior, e foi tamén afectado por algunha reforma posterior (como as reparacións efectuadas tras o seu incendio polas tropas napoleónicas). É encadrable dentro do estilo barroco, de longa persistencia en Galicia, pero xa matizado por certo sentimento estético neoclásico, visible na súa sobriedade, simetría e emprego das ordes clásicas. Os elementos decorativos concéntranse nas fachadas, e a organización interna do edificio diferencia claramente un baixo de servizo que alberga as dependencias necesarias en toda facenda agropecuaria (cocheiras, adegas, cortes, vivenda dos criados e caseiros...) e un primeiro piso reservado a residencia dos donos do pazo. A Deputación Provincial de Lugo acometeu obras de acondicionamento e mellora do edificio, respectando a súa estrutura e distribución, procedendo, xunto co Museo Provincial, á musealización do pazo. No 2006 abre ao público.

 

Ler máis...
 
Presentación do libro:”PERCORRIDOS POLO PATRIMONIO CULTURAL DA VILA E CONCELLO DE GONDOMAR DE MIÑOR”. Sábado 23/2 ás 19:30h. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - destacados
Escrito por IEM -Sec   
Sábado, 16 Febreiro 2019 18:46
convite
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 3 de 265