Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

PROSPECCIÓN ARQUEOLÓXICA, DOCUMENTACIÓN E RESTAURACIÓN DOS PETRÓGLIFOS DE GARGAMALA (Mondariz, Pontevedra)

Este proxecto de prospección arqueolóxica, documentación e restauración dos petróglifos de Gargamala (Mondariz), promovido polo Servizo de Arqueoloxía da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Turismo, será executado polo equipo técnico multidisciplinar do Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) dirixido e coordinado polo historiador e arqueólogo Xosé Lois Vilar Pedreira e do que forman parte: María Dolores Álvarez Rey, Eloy Martínez Soto, Bruno Centelles García, Xilberte Manso de la Torre, José Antonio Viña Arias, Eduardo Méndez-Quintas, Andrea Serodio Domínguez, Manuel Ledo Bernárdez e Jesús Rodríguez Diéguez coa colaboración especial, nas tarefas de prospección, de Cándido Verde e José Álvarez Alonso (O Buraco).

Nos días 5 e 6 de outubro de 2018 un incendio arrasou 150 Ha das parroquias de Sabaxáns e Gargamala (Mondariz) que afectou a área nuclear dos petróglifos de Gargamala con distinto grao de incidencia (termoclastos, ennegrecemento da superficie, arrastes de depósitos sobre as superficies) e deixando unha paisaxe depauperada e a pracer dunha forte erosión da tona terrea.

O conxunto de petróglifos obxecto desta actuación sitúase entre os 400 e os 470 m.s.n.m.. A gran maioría deles ocupando a parte alta dos outeiros (GA 36030023-18-11), as valgadas entre eles no caso do Campado (GA 36030055-14-15-54), chans como Campo Redondo (GA 36030038) cun amplísimo dominio visual ,que chega á Serra do Galiñeiro, parello ó emprazamento dos petróglifos da Coutada (Taboexa, As Neves) ou As Portaxes no Monte Tetón (Tebra, Tomiño) tamén obxecto de prospección, estudo, posta en valor e musealización por parte do Instituto de Estudos Miñoráns.

Na zona de actuación destaca a presenza dun ulleiro aproveitado polos veciños para a traída de augas doméstica e na outra vertente hai varios muíños hidráulicos.
Estamos ó redor das coordenadas 545.686/4.679.970 
(datum: ETRS 1989, fuso 29).

Esta concentración de petróglifos atópase na parroquia de Gargamala, no concello de Mondariz, composta polas aldeas de Vedrelos e O Soutiño na zona meridional e A Rúa, Mourelle, Boente e O Barro. A parroquia está rodeada por Frades, Riofrío, Sabaxáns e Toutón como freguesías do mesmo concello e polo norte polas de Traspielas e Ventín do concello de Fornelos de Montes. Estamos no sur do Suído nun mundo de serra onde as aldeas escasean e foi zona tradicional de pastoreo que deixou pegadas etnográficas nos chozos, neveiras, cerres para o gado e nos foxos de lobo.
Estamos no val medio-alto do río Tea cara o que drenan os núcleos habitados de Gargamala. A zona noroeste do Castro Chouso, O Foxo do Lobo, A Chan de Cairón... botan as augas no río Barragán que desauga no río Oitavén ó pé do castro da Cidade (Calvos, Fornelos) na mesma presa das Eiras.


Está en:  Inicio Seccións
Skip to content
IEM - Instituto de Estudos Miñoranos
O Xacemento de O Cabrón fornece información relevante sobre o Paleolítico Inferior en Galicia. PDF Imprimir Correo-e
Arqueoloxía - Novas
Venres, 30 Xullo 2010 21:53
O Cabrón lascaAs escavacións no xacemento de O Cabrón, Concello de Arbo, achegaron ata o de agora máis de noventa pezas atopadas nunha área de nove metros cadrados. Entre os obxectos cóntanse núcleos, lascas de cuarcita de diferentes tamaños, así como bifaces en perfecto estado de conservación.
Ler máis...
 
A Xeira de A Valga a San Xián en Imaxes. PDF Imprimir Correo-e
Xeiras - Galería de imaxes
Xoves, 29 Xullo 2010 22:00
xeira-webPara aqueles que participaron e para os que non, achegamos este viaxe virtual polo sendeiro circular que vai dende o Curro de A Valga (concello de Oia) ata os cumes dos montes de San Xián. Pica aquí
Ler máis...
 
Os restos dos veciños de Gondomar exhumados en San Xián (O Rosal) serán entregados aos seus familia PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Fosas de San Xian
Mércores, 28 Xullo 2010 21:18
plotter-recortado-webO próximo sábado 31 de xullo ás 12h. na sede do Instituto de Estudos Miñoranos (Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da feira 10, Baixo, Gondomar) procederase á entrega aos seus familiares dos restos de Abilio Araújo Losada e Manuel Prudencio do Rosario. Os restos do terceiro asasinado, do que se descoñece a súa identidade, será soterrado xunto aos de Abilio Araújo Losada no cemiterio parroquial de Chaín. A súa vez os restos de Manuel Prudencio do Rosario serrán soterrados en Santo Tomé de Freixeiro.
Ler máis...
 
O Cabrón mostra a súas primeiras xoias PDF Imprimir Correo-e
Arqueoloxía - Novas
Mércores, 28 Xullo 2010 22:14
limpeza-web6Xa comezaron os traballos arqueolóxicos na estación arqueolóxica de O Cabrón, no Concello de Arbo. Entre as viñas que dominan a paisaxe, o primeiro "choio" foi limpar o eido onde comezará a escavación para descubrir os perfiles que permitirán analizar a estratigrafía do lugar.
Ler máis...
 
Un músico miñorán: Germán Lago Durán. PDF Imprimir Correo-e
Arquivos - Audiovisual
Mércores, 28 Xullo 2010 19:52
Orquesta_IbricaO noso compañeiro Antonio Valverde Alonso  (IEM) achegounos unha xoia do director musical Germán Lago Durán, fillo adoptivo do Val de Miñor. Trátase dun conxunto de gravacións da Orquesta Ibérica de Madrid: "un conjunto español de guitarras y laúdes único en el mundo", tal cal reza na portada do álbum.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 Seguinte > Final >>

Páxina 252 de 261