Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación do documental “O lado escuro do carbón”. Venres 7 de decembro ás 20:30h na Aula de Cultura Ponte de Rosas. IEM -Gondomar

Día: venres 7 de decembro
Hora: 20:30h
Lugar: Aula de Cultura Ponte de Rosas. IEM -Gondomar

 

Presentado e realizado por Greenpeace.

O carbón deixa un escuro rastro tras de si. A súa queima en centrais térmicas como as de Meirama e As Pontes xera inxentes emisións de CO2, converténdoo no principal causante do cambio climático e de graves problemas sociais e de saúde.

O documental "O lado escuro do carbón" (Título orixinal: El lado oscuro del carbón) fai unha recompilación dos impactos da súa extracción e combustión en diferentes localizacións do Estado. As desgarradoras testemuñas de médicos, exmineiros, activistas e asociacións veciñais de zonas con centrais térmicas de carbón e zonas de extracción relatan todo o que agacha o carbón: destrución da contorna, contaminación, problemas sociais, doenzas graves... Estas voces, case que sempre ignoradas e silenciadas, son as protagonistas dunha loita chea de dificultades pero tamén de esperanza.

 

Está en:  Inicio Seccións
Skip to content
IEM - Instituto de Estudos Miñoranos
Novos muíños atopados enriquecen o patrimonio arqueolóxico do Val de Miñor. PDF Imprimir Correo-e
Xuventude - Novas
Martes, 27 Xullo 2010 22:33
xuventude_estudos_mioranosPreto da Chan da Lagoa (Os Outeiros da Tomada de Pías) na serra da Groba atopáronse catro novos muíños naviculares de soporte fixo. O descubrimento tivo como protagonista a Anxo Rodríguez Lemos, membro da Xuventude do Instituto de Estudos Miñoranos.
Ler máis...
 
Reportaxe en imaxes da Xeira Rupestre de Monte Tetón PDF Imprimir Correo-e
Xeiras - Galería de imaxes
Martes, 27 Xullo 2010 19:02
Monte_tetnVisita o roportaxe en imaxes da Xeira Rupestre de Monte Tetón. Pica aquí.
 
Agresión ao conxunto arqueolóxico Agua da Laxe, Vincios (Gondomar). PDF Imprimir Correo-e
Arqueoloxía - Novas
Luns, 26 Xullo 2010 23:00

agresion agua da laxeTraballos de canalización de augas da Consellería do Medio Rural, danaron o soporte dunha rocha con petróglifos duns 4000 a 3500 anos de antigüidade. A pedra afectada contén un grupo de alabardas que integran o "Conxunto Agua da Laxe Nº 4", a maior colección de gravados de armas de Europa.

Ler máis...
 
O Cabrón: Atópase un depósito arqueolóxico único en Galicia. Mañá comezan as escavacións. PDF Imprimir Correo-e
Arqueoloxía - Novas
Luns, 26 Xullo 2010 23:57
Logo_IEMO Departamento de Arqueoloxía do Instituto de Estudos Miñoranos comeza mañá as escavacións en O Cabrón, Concello de Arbo. O depósito contén un tesouro arqueolóxico de 150.000 anos que moi probablemente permitirá acceder aos restos tal cal o deixaron aqueles antigos habitantes de Galicia, dada as condicións xeolóxicas da zona.
Ler máis...
 
Crónica: Xeira á Península de Monteferro PDF Imprimir Correo-e
Xeiras - Artigos
Venres, 23 Xullo 2010 20:26
nenosUn carreiro de estrelas esvara entre os piñeiros... É a Santa Compaña? Preguntan. Dende lonxe pouco se pode dicir. Temos que achegarnos. Un balbordo de voces indica que a Santa non é. Ela camiña silenciosa. Non tés que botarte ao chan. Non temas.Quérete levar, pero non ao cemiterio, se non a un sitio no que o tempo e o espazo conxugan o que foi có que é.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 Seguinte > Final >>

Páxina 253 de 261