Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas. Xoves 23 de maio ás 20:30H

O vindeiro xoves 23 de maio o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, en colaboración co concello de Gondomar, celebrará unha homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas, a quen se lle dedica a data das Letras Galegas este ano.

Camiño Noia Campos, catedrática emérita de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo, ofrecerá unha charla sobre este narrador oral excepcional e intelectual con unha popularidade moi pouco común, que contribuíu ademais a defender o galego como lingua de expresión válida para calquera coñecemento.

O grupo Teatro do Ar, representará a obra Distintas compañías inspirada en contos e lendas recollidas por Antonio Fraguas.

Acompañando á palabra e a escena, estará a actuación de Urbano Cabrera, cantautor galego de ampla traxectoria no mundo da música, comprometido coa potenciación do idioma galego, en toda clase de estilos, dende o folkata o blue.

O primeiro disco de Urbano Cabrera, Tarantela, saíu á luz en 1996, ó que seguirán Segundo Andar no 2000 e Penalba en 2004. En 2018 edita o recopilatorio Selección, tanto en formato físico coma en streaming. En maio de 2019 sairá́ publicado o seu derradeiro traballo Soñarás en maio coas chuvias de abril.

O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira 10 Baixo, ás 20:30H

Está en:  Inicio Seccións
Skip to content
IEM - Instituto de Estudos Miñoranos
Axenda mes de abril PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Mércores, 07 Abril 2010 00:47

Belén RegueiraAmigos e amigas do IEM, adiantamos calendario de actividades para este mes de abril para o voso bo goberno. No seu momento comunicarémosvos con maior detalle cada unha das actividades.

VENRES, *9 de abril*

 

 Tertulia do IEM con *Belén Regueira*

Ler máis...
 
Presentación de “As flores do mal” de Baudelaire PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Mércores, 24 Marzo 2010 02:55
Gonzalo NavazaO próximo venres, 26 de marzo de 1010, ás 20:30h. na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10 baixo, Gondomar), organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos terá lugar a presentación da versión galega de “As flores do mal” de Baudelaire, que realizou o profesor de Filoloxía da Universidade de Vigo e membro da Xunta de Goberno do IEM, Gonzalo Navaza Blanco
Ler máis...
 
Nova revista do IEM PDF Imprimir Correo-e
Publicacións do IEM - Revista do IEM
Escrito por IEM   
Martes, 23 Febreiro 2010 12:19
Amigos e amigas do IEM
Achegamos relación de traballos recollidos no novo número da Revista de Estudos Miñoranos:

*A prehistoria miñorá I: O paleolítico*, Eduardo Méndez Quintas

*O Outeiro dos Lameiros, o longo camiño da musealización, *Xosé Lois Vilar Pedreira e Eduardo Méndez Quintas
Ler máis...
 
Tertulia do IEM con Luís Liz Marzán PDF Imprimir Correo-e
Tertulias - Calendario
Escrito por IEM   
Xoves, 04 Marzo 2010 12:11
Luis MarzánContinúan os faladoiros do IEM. Nesta ocasión, o próximo venres 5 de marzo, estará con nós o catedrático de Química Física da Universidade de Vigo, *LUÍS LIZ MARZÁN* que será presentado polo membro da Xunta de Goberno do IEM, *Bruno Centelles.*

O relatorio do profesor Luís Liz, que dirixe un amplo equipo de investigación sobre nanoquímica, nanofotónica e nanomedicina, versará sobre “A nanotecnoloxía na nosa sociedade”
Ler máis...
 
Tertulia con Albino Prada PDF Imprimir Correo-e
Tertulias - Calendario
Escrito por IEM   
Mércores, 03 Febreiro 2010 21:54
Albino PradaContinúan os faladoiros do IEM. Nesta ocasión estará con nós o economista e profesor de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, ALBINO PRADA que será presentado polo membro da Xunta de Goberno do IEM, Xosé Manuel García Crego.
O relatorio do profesor Albino Prada versará sobre: “Galicia fronte á crise: Estructura e estratexia económica”.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 261 262 263 264 265 Seguinte > Final >>

Páxina 263 de 265